Un Nadal para dalo todo!
Chegou o tempo de Nadal, un tempo de amor e reflexión para compartir coas nosas familias e persoas máis achegadas. Como sabemos, este mes de decembro é un mes de festas, abrazos, amizade… un mes onde se esquecen os rencores e entra en xogo o perdón. Tamén é un mes de intercambio de agasaios… [...]
Bo Nadal!!
Dende Educación Infantil desexámosvos Bo Nadal!!!
Navidad en madrugadores
En el servicio de madrugadores hemos disfrutado este mes de diciembre haciendo adornos navideños. También hemos elaborado galletas navideñas cuyos ingredientes queremos que conozcáis: una pizca de dulzura, un montón de cariño, paciencia, una cucharada de alegría y dos puñados de sonrisas. Este ha sido el resultado. FELICES FIESTAS CON TODO NUESTRO CARIÑO!!!!!! Servicio [...]
Panxoliñas en Infantil
Os alumnos de infantil descubrimos o significado das Panxoliñas, esas cancións típicas que enchen de ledicia o noso Nadal!!!
Ollos e estrelas de Miró
O proxecto "Ollos e Estrelas de Miró" axúdalle aos nenos e nenas a traballar a súa motricidade fina empregando distintas técnicas artísticas. Ademais de ampliar o seu vocabulario a través da obra de Miró, tamén se familiarizan coas distintas cores, formas xeométricas... ao mesmo tempo traballan a súa expresión corporal, os seus sentimentos. O [...]
Noia, lugar de encantos
As nenas e nenos de 3º de Primaria camiñamos ata o corazón de Noia para visitar e descubrir aspectos moi importantes dalgúns dos edificios e lugares máis emblemáticos da Vila. Tamén puidemos visitar o Museo do Mar onde seguimos descubrindo parte da historia e tradición da localidade. Foi unha xornada moi agradable con parte [...]
Visitamos o Porto de Vigo
A semana pasada, o alumnado dos Ciclos Medio e Superior tivemos a oportunidade de visitar o Porto de Vigo. Esta saída educativa está englobada dentro das accións que se organizan ao longo de todo o ano co obxectivo de poñer en contacto ao alumnado coa realidade empresarial da nosa contorna. Ademais de ver de [...]
Experimentando coas cores e froitos de outono!
Os nenos e nenas de 3 anos estivemos experimentando cunha nova técnica artística aproveitando os froitos e as cores da estación do outono. Mirade que ben o pasamos!
Celebración de Inauguración
Baixo o lema "A dalo todo" celebramos o pasado venres a Inauguración do curso 22/23, na que toda a comunidade educativa, acompañados de Sta Cándida, compartimos momentos de alegría, oración e reflexión sobre cómo podemos dalo todo neste curso. Rematamos a xornada con diversos xogos, andainas e visitas a diferentes lugares da Vila. Foi [...]