Celebración de entrega de diplomas de Cambridge e DELF

O mércores 14 de decembro, celebramos no colexio a entrega de diplomas dos exames de inglés e francés realizados no mes de xuño.

O noso colexio leva moitos anos preparando aos alumnos dende Primaria ata ESO e Ciclos Formativos para a realización de ditos exames, que lles servirán para o seu futuro académico e laboral tanto aquí coma no estranxeiro.

Este ano quixemos facer unha celebración conxunta na que participasen os alumnos que se presentaron ás probas de Cambridge e DELF e convidamos tamén aos que xa remataron os seus estudos no colexio.

Asistiron as familias e mestres que os foron acompañando ao longo da preparación.

O salón de actos estaba precioso coa decoración de globos, detalles e bandeiras e todos os nosos alumnos/as recibiron o seu diploma e un agasallo.

Aproveitamos a ocasión para agradecer a todos aqueles que contribuíron nesta celebración que sen eles non sería posible, grazas a todos e a todas polo voso traballo.

Para o ano máis e mellor. Estamos moi orgullosos dos nosos alumnos, que cada ano supéranse.

Parabéns a todos!