Educación Infantil (3-6 años)2021-09-27T14:02:41+02:00

No Colexio Maria Assumpta temos o 2º ciclo de Educación Infantil, que abarca de 3 a 6 anos. A educación infantil contribúe ao desenvolvemento físico, emocional, social e intelectual dos nenos. O fundamental é ofrecer aos nosos alumnos a maior riqueza e variedade de estímulos e oportunidades para que desenvolvan ao máximo as posibilidades que o seu cerebro lles ofrece.

Os nosos alumnos aprenden e coñecen o seu entorno, sorprendéndose con cada pequeno descubrimento, aventurándose en camiños que antes non transitaran explorando cada centímetro do mundo que os rodea.

Pero, sobre todo,  os nosos nenos son felices porque experimentan ese mundo nun ambiente de cariño e seguridade.

Contamos cun equipo de profesionais altamente cualificados, que velan en todo momento polo benestar dos nosos escolares máis pequenos.

ESTIMULACIÓN TEMPERÁ

A Estimulación Temperá é un conxunto de accións dirixidas a nenos de 0 a 6 anos. No noso Colexio traballamos a Estimulación Temperá diariamente nos tres cursos de Educación Infantil. Estas accións teñen en conta as características individuais de cada alumno e van encamiñadas a conseguir os seguintes obxectivos:

  • Potenciar o desenrolo integral do alumno.
  • Mellorar a sua capacidade de concentración, memoria e creatividade.
  • Facilitar a adquisición da linguaxe: articulación da fala, comprensión e expresión oral, ampliación do vocabulario…
  • Espertar no neno o interese por explorar e aprender.
  • Establecer as bases para unha rutina de traballo.
  • Favorecer as habilidades sociais .
  • E, sobre todo, reforzar a súa autoestima.

Para traballar a estimulación temperá realizaremos os seguintes programas diariamente:

Realizamos arrastre, gateo, braquiación, equilibrio, marcha… que favorecerán o desenvolvemento integral do neno, conseguindo habilidades que lle darán maior seguridade e axilidade tanto nas tarefas de motricidade fina (colorear, debuxar, recortar,…) como nas de motricidade grosa.

Consiste en mostrar bits (imaxes) organizados de xeito sistemático en varias categorías (pintores, escritores, monumentos, cadros, bandeiras, esculturas, seres vivos, e moito mais…) combinando a estimulación visual e auditiva. Con este programa, os nenos aumentan o seu vocabulario, interese e atención cara a novos contidos.

Usamos un método globa,l no que partimos do concreto (palabras) ata chegar ao abstracto (o alfabeto). Con isto ampliaremos o seu vocabulario, identificarán palabras e favoreceremos o gusto pola lectura

Os alumnos poderán desenvolver o seu talento musical, a atención e adquirir un bo oído escoitando audicións de compositores famosos, diferentes instrumentos e notas do pentagrama.

Mostramos conxuntos e grafías dos números para que os nenos interioricen a grafía- cantidade, símbolos matemáticos, operacións aritméticas, formas xeométricas, exe cartesiano e problemas de razoamento.

PROXECTOS DE COMPRENSIÓN baseados nas INTELIXENCIAS MÚLTIPLES.

Os proxectos de comprensión facilitan a aprendizaxe dos contidos das distintas áreas e usan unha metodoloxía innovadora, baseada nas INTELIXENCIAS MÚLTIPLES de Howard Gardner. Inclúen actividades cooperativas e rutinas de pensamento que facilitarán futuros aprendizaxes.

INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

Podemos distinguir ata 9 tipos de intelixencias:

– As persoas que sobresaen na INTELIXENCIA INTRAPERSOAL poden acceder aos seus sentimentos e emocións e reflexionar sobre estes.

– A INTELIXENCIA INTERPERSOAL é unha habilidade para detectar e comprender as circunstancias e problemas dos demais.

– A INTELIXENCIA LINGUISTICA non só fai referencia á capacidade de comunicación oral, senón a outras formas de comunicación como a escritura, os xestos, etc. Dentro das profesións nas que destaca este tipo de intelixencia podemos incluir políticos, escritores, poetas, xornalistas, actores…

– A INTELIXENCIA LÓXICO-MATEMÁTICA está relacionada coa capacidade de razoamento lóxico e resolución de problemas matemáticos. Científicos, economistas, académicos, enxeñeiros e matemáticos moitas veces destacan neste tipo de intelixencia.

– A INTELIXENCIA VISUAL-ESPACIAL permítenos observar o mundo e os obxectos dende diferentes perspectivas. Nesta intelixencia atopamos pintores, fotógrafos, diseñadores, publicistas, arquitectos…

– Existe unha INTELIXENCIA MUSICAL latente en todas as persoas. Como calquera outro tipo de intelixencia, a musical pode ser adestrada e perfeccionada. Os máis favorecidos neste tipo de intelixencia son aqueles capaces de tocar instrumentos, ler e compoñer pezas musicais con facilidade.

– Coa INTELIXENCIA CINESTÉSICA expresamos sentimentos a través do corpo. Os bailaríns, actores, atletas, cirurxiáns… usan racionalmente as súas habilidades físicas.

– Segundo Gardner, a INTELIXENCIA NATURALISTA permite detectar, diferenciar e categorizar aspectos relacionados co medio, como especies de animais e prantas ou fenómenos relacionados co clima, a xeografía ou os fenómenos naturais.

– Por último, a INTELIXENCIA ESPIRITUAL axúdanos a comprender o mundo, aos demais e a nós mesmos dende unha perspectiva máis profunda.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES GRATUÍTAS

O colexio ofrece actividades extraescolares gratuítas dentro do horario lectivo nas que propoñemos un complemento á educación regrada. Fieis á nosa proposta pedagóxica, estas actividades van dirixidas a fomentar a creatividade e ao desenvolvemento de capacidades que contribúan ao desenvolvemento integral do alumnado.

Robótica:  as novas tecnoloxías están moi presentes no colexio, do mesmo modo que na sociedade actual. Ofrécese a actividade coa finalidade de mellorar a competencia dixital, familiarizarse coas ferramentas informáticas actuais e coñecer as pautas de uso seguro.

Xadrez : fomenta a concentración, a memoria e potencia a capacidade matemática. Esta actividade está deseñada para que o alumnado aprenda a pensar e mellore as habilidades sociais, cunha proposta baseada nas Intelixencias Múltiples.

Xogando en inglés: a  importancia do dominio das linguas estranxeiras fai que a nosa aposta polos idiomas, sexa múltiple. Completando a materia curricular, o inglés extraescolar é unha forma lúdica de potenciar a comprensión e a expresión en inglés.

Xogando coa música: esta actividade ofrece despertar o interese musical dos máis pequenos, os nenos e nenas teñen a oportunidade de coñecer diferentes tipos de instrumentos musicais e incluso probalos. Con isto fomentamos a capacidade auditiva, o desenvolvemento motor, expresión corporal, etc…

Solicitar información

    He leido y acepto el aviso legal y la política de privacidad

    NOTICIAS

    Ver todas
    Ir a Arriba