O Colexio Maria Assumpta – Jesuitinas Noia é un colexio concertado plurilingüe centrado na educación da persoa a través dunha proposta educativa integral, personalizadora e innovadora. Levamos máis de 60 anos educando persoas autónomas, creativas e comprometidas.

O COLEXIO

O colexio Maria Assumpta é un colexio concertado situado en Noia (A Coruña). Pertence á Fundación Educativa Jesuitinas, unha Fundación canónica privada que ten presenza en toda España con 22 colexios. Tres deles en Galicia, en A Coruña, Vigo e Noia.

O noso centro dispón de ensinanzas en Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Ciclos Formativos de grao Medio (Actividades Comerciais) e de grao Superior (Xestión de Vendas e Espazos Comerciais). Tamén dispón dunha unidade de Educación Especial. No noso centro dispoñemos de varios profesionais (PT/AL) que poden atender ás necesidades de alumnos que necesitan unha educación máis personalizada.

No mes de Agosto de 1957 un grupo de relixiosas das Fillas de Xesús viñeron a instalarse no Pazo da Pena de Ouro e alí comezaron o seu proxecto. Esas mulleres traían un obxectivo moi claro: vir ofertar ao pobo de Noia e á súa comarca, a formación académica para as fillos dos seus habitantes dende o punto de vista do Evanxeo. De contado, houbo pais e nais que quixeron mandar aos seus descendentes a este centro educativo e así é como o colexio foi medrando en alumnado e por iso, hoxe estamos a continuar ese labor educativo iniciado a finais da década dos 50 e que hoxe tras 60 anos, continuamos.

O colexio ten ideario cristián e, como tal, destaca pola formación en valores do alumnado dende a acción titorial e a través de múltiples actividades e campañas solidarias -en colaboración con varias ONG, Fundacións e asociacións tanto locais como a nivel nacional e internacional- traballamos no obxectivo de formar persoas solidarias e comprometidas. Ese mesmo estilo de colexio fai que o noso centro se caracterice pola acollida de familias e alumnado, un clima cercano que destaca pola comunicación familia-escola.

O noso proxecto pedagóxico inclúe unha formación e actualización constante do profesorado, levando ás aulas as metodoloxías máis innovadoras. En consonancia coas demandas sociais do século XXI, formamos alumnos creativos, fomentamos o traballo en equipo e potenciamos as competencias do alumnado, preparándoos para estudos futuros e mesmo para a súa incorporación ao mundo laboral.

O colexio Maria Assumpta aposta tamén polo uso das TAC (Tecnoloxías Aplicadas á Comunicación). Dende 3º de Primaria ata 4º de ESO, o alumnado do noso centro emprega iPad como ferramenta de traballo. Somos un centro pioneiro no uso destas tecnoloxías que levamos aplicando dende o ano 2012.

Apostamos tamén polo plurilingüismo impartindo materias en inglés, pero ademais como centro BEDA, formando e facilitando ao alumnado a superación dos exames de Cambridge cun éxito notable. Así mesmo, traballamos co alumnado para proporcionarlles a posibilidade de superar os exames de titulación DELF en francés, tamén cun éxito importante.

A FUNDACIÓN

Somos parte da Fundación Educativa Jesuitinas, unha institución educativa de identidade católica integrada por 22 colexios repartidos por toda España.

A esencia do noso proxecto educativo é axudar a medrar ao noso alumnado como persoas autónomas, creativas e comprometidas.

Continuamos a intuición educativa que santa Cándida María de Xesús  transmitiu ás Fillas de Xesús e que está presente nos centros que a congregación foi creando por todo o mundo.

Saber Mas

CARÁCTER PROPIO

Os colexios de Jesuitinas asumimos e facemos noso, o carácter propio dos centros educativos das Fillas de Xesús en España. Trátase dun documento que define a identidade dos nosos centros, o estilo de persoa que orienta á nosa acción educativa, así como os valores e criterios pedagóxicos básicos do centro. Todos eles son fieis aos principios e orientacións do proxecto educativo global das Fillas de Xesús, recollido en “Nuestro Modo Propio de Educar”

En Jesuitinas educamos nun clima impregnado dos valores do Evanxeo, cunha pedagoxía atenta á persoa concreta e dende un enfoque positivo da educación.

CARÁCTER PROPIO

NUESTRO PROPIO MODO DE EDUCAR

MISIÓN VISIÓN VALORES

MISIÓN

O Colexio Plurilingüe Maria Assumpta de Noia é un centro educativo concertado de identidade cristiá pertencente á Fundación Educativa Jesuitinas. Presta o seu servizo nos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Ciclos Formativos.

Atendemos a todo tipo de alumnado sen distinción por ideoloxía, raza, sexo, nivel cultural, económico ou condición relixiosa, prestando especial atención aos máis necesitados.

O noso centro caracterízase pola atención personalizada ao alumnado e ás familias e pola nosa aposta pola innovación pedagóxica e tecnolóxica aplicada á educación e, en xeral, a todos os ámbitos.

Ofrecemos para o noso alumnado unha formación integral baseada nos valores cristiáns que os forme como persoas autónomas, creativas, comprometidas e solidarias e que os converta en membros útiles na sociedade e na Igrexa.

Seguindo a inspiración da nosa Fundadora, Santa Cándida María de Xesús, traballamos, vivimos e educamos desde a tolerancia, alegría, proximidade, a sinxeleza e a humildade. Colaboramos con diferentes institucións e organismos, xestionando os nosos recursos para prestar servizo á nosa contorna social máis próxima.

O colexio Maria Assumpta quere chegar a ser un colexio de referencia que destaque en canto a calidade educativa e fiel ao seu propio ideario, integrado na rede da Fundación Educativa Jesuitinas e no que:

  • Se coide a formación integral da persoa, de modo que os nosos alumnos destaquen polas súas competencias académicas e valores persoais e cristiáns, de modo que o colexio sexa coñecido e recoñecido por este tipo de educación.

  • Se empregue unha pedagoxía que se manteña actualizada poñendo en práctica as últimas innovacións metodolóxicas e que destaque na atención á diversidade, con alumnos que desenvolvan competencias que favorezan a súa integración á sociedade independentemente das súas características ou necesidades específicas.

  • As familias sexan partícipes da vida do colexio. O noso centro debe ser un colexio aberto e que dea resposta á conciliación familiar.

  • Se busque o desenvolvemento profesional e persoal de cada membro da comunidade educativa para que ese vínculo logre un persoal identificado e implicado con carácter propio, do mesmo xeito que as familias e alumnado.

  • Se acade a sustentabilidade económica grazas á boa xestión e ofrezamos bos servizos e instalacións de calidade.

VISIÓN

VALORES

Os valores son cualidades que vivimos no día a día como institución, que describen as nosas conviccións, aquilo no que cremos, que orientan as nosas condutas, o noso modo de relacionarnos e de traballar.

  • Servizo: facerse dispoñible e útil con outros para a misión.

  • Dispoñibilidade: estar dispostos e abertos a aquilo que se nos pide, ten que ver coa obediencia.

  • Liberdade: capacidade de elixir e decidir de xeito responsable e segundo a propia conciencia.

  • Comuñón: sentirse parte dun conxunto maior, dun corpo.

  • Responsabilidade e corresponsabilidade: capacidade da persoa de comprometerse e actuar facéndose cargo da realidade. Este compromiso pode levarse a cabo con outros, sendo así corresponsable.

  • Sinxeleza: trato familiar e próximo.

  • Colaboración e participación: traballar con outros, tomar parte, dispoñernos a dar o que somos e temos.

  • Creatividade: xerar algo novo, novas respostas á realidade.

  • Apertura: abrirse a toda circunstancia e lugar, a todas as persoas e realidades.

  • Flexibilidade: capacidade de adaptarse aos cambios de acordo ás circunstancias.

  • Axilidade: rapidez para resolver as situacións e realizar os procesos pero sen perder a identidade propia

ORGANIZACIÓN

EQUIPO DIRECTIVO

  • Director: José Carlos Couce Rico
  • Coordinadora Xeral ESO e CF: Mónica González Eiras
  • Coordinadora Xeral Ed. Infantil e Primaria: Matilde Dosil Vieites
  • Coordinadora de Acción Evanxelizadora: Coral Arufe Salgueiro
  • Coordinadora de Titoría e Orientación: Mónica González Eiras

EQUIPO DE ORIENTACIÓN

  • Jorge Iglesias Pérez (Coordinador e Orientador)
  • Rosa María Quiroga Marí (Profesora EE/PT/Mediadora)
  • Mercedes Ons Insua (PT/AL)
  • Coral Arufe Salgueiro (Prof. apoio)
  • Iria Rodríguez Iglesias (Prof. apoio)

PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

  • Administración: Manuela García Martínez
  • Secretaría: Ana María Xaubet Sevilla
  • Axudante de secretaría/admon: María Pais Bouzón
  • Portería: Nerea Insua Mayo
  • Mantemento: José Manuel Rodeiro Carrillo

OUTRAS COORDINACIÓNS

  • Coordinadora Ed.Infantil: Mercedes de la Fuente Caamaño
  • Coordinadora de CF: Susana Pais Bouzón
  • Coordinadora de Alcor: Teresa Ces Pérez
  • Coordinadora de Plurilingüismo: Belén Parada Pérez
  • Coordinadora de Normalización: Catalina Vilanova Tubío
  • Coordinadora de Comunicación e Marketing: Eva Moreno Herrera
  • Coordinador TIC: Miguel Ángel Díaz Morán