Horarios do servizo de comedor
● De luns a venres de 13:20 h a 15:20 h para Ed. Infantil e Primaria.
● Luns de 14:25 h a 16:30 h para ESO.
● Mércores de 14:25 a 15:30 h para ESO extraescolares.
● Martes, Xoves, Venres de 14:25 a 15:00 para ESO (sen transporte escolar)

A comida prepárase nas propias cociñas do centro por persoal especializado. Comedor novo construído no ano 2015.

No centro pódese dar de Alta e de Baixa  o Servizo de Comedor para o que terá que cubrir un impreso.  O  pago deste servizo realizarase  por domiciliación bancaria estando os impresos de Alta e Baixa no seguinte enlace.

Nas  nosas cociñas preparamos as receitas de sempre, tradicionais, e con sabores típicos de cada rexión, pratos que os pequenos coñecen e disfrutan comendo. Para elaboralos confiamos en proveedores locais e rexionais, os cales nos suministran materias primas de primeira calidade, produtos da terra e de tempada coa máxima calidade.

Todos os nosos menús aseguran un valor nutricional óptimo e están elaborados cos mellores produtos, procedentes de primeiras marcas que aseguran a mellor calidade.

Un equipo de nutricionistas deseña menús equilibrados e variados que velan pola correcta alimentación dos escolares. Tamén promovemos un consumo frecuente de verduras, froitas e peixe para que, desde pequenos, se acostumen a comer de todo e os inclúan na súa dieta habitual.  Temos menús coidadosamente deseñados, con calendario mensual de menús a disposición dos pais e alumnos con antelación.

Descarga o menú comedor.

Os  alumnos están atendidos por persoal cualificado: cociñeiras, coidadoras e  monitoras. A súa  labor é  educar e  dinamizar o  espazo do comedor escolar, a través da promoción duns  hábitos correctos na  mesa, o respecto polos compañeiros e a importancia dunha alimentación variada. Invitamos aos escolares a descubrir por si mesmos a gran variedade de formas, olores, texturas, sabores e cores que ofrecen os alimentos.

Observacións importantes:

  • Compromiso por satisfacer as necesidades nutricionais e contribuír á promoción de hábitos alimentarios correctos.
  • Coidado na presentación dos pratos.
  • Estrictos controis de seguridade alimentaria e hixiene.
  • Responsabilidade co Medio Ambiente.
  • Preocupación en que o comedor sexa un ambiente educativo apropiado e en total sintonía co Proxecto Educativo do Centro.
  • Gran coidado en: Xeito de estar na mesa, respecto dos turnos, uso adecuado dos cubertos, ritmo de comer normal e relaxado, comportamento correcto dos alumnos e ambiente axeitado e familiar.

Menús Especiais

  • Dieta Blanda
  • Dieta Celíaca
  • Dieta Baixa en graxa
  • Diabetes Infantil
  • Dietas para alerxias e intolerancias alimentarias

Descarga o impreso para a dieta especial.

INFORMACIÓN

Ticket diario: previo aviso na portería do Colexio por parte da familia cun día de antelación e suxeito á dispoñibilidade da ocupación do comedor escolar.

Se un alumno necesita facer uso deste servizo por algo especial, comunicarase  en portería para que sexa notificado ao responsable do comedor.

CONTACTO

Contacto no colexio: comedor@jesuitinasnoia.es

Teléfono: 981 820 500

PREZOS

BONO MES COMPLETO 103,50 €

BONO 1 DÍA Á SEMANA 22

BONO 2 DÍAS Á SEMANA 42 €

BONO 3 DÍAS Á SEMANA 62,50 €

BONO 4 DÍAS Á SEMANA 82,50 €

TIQUET DIARIO (PREVIO AVISO NA PORTERÍA DO COLEXIO POR PARTE DA FAMILIA) 8,00 €

BONO MESES DE SEPTEMBRO E XUÑO 77,90 €

40% de DESCONTO POR SEGUNDO IRMÁN (SOBRE O IMPORTE DE IGUAL OU MENOR CUANTÍA)

100% DESCONTO PARA O TERCEIRO IRMÁN.

*O alumnado que precise unha dieta especial que requira a utilización de produtos específicos ou cambio no menú diario, terá un incremento no recibo mensual