EDUCACIÓN PRIMARIA
Educación Primaria (6-12 años)2021-07-20T10:23:02+02:00

A etapa de Educación Primaria abarca dos 6 aos 12 anos e está organizada en 6 cursos.  Conta cun grupo de profesionais que non só trata de ensinar contidos, senón de ir máis aló, de formar persoas autónomas, creativas e comprometidas coa nosa sociedade. Porque nas nosas mans está o futuro.

Nesta etapa damos gran importancia ao desenvolvemento  de hábitos de traballo, a autonomía e a autoestima do alumno. Por isto, a motivación, a valoración do esforzo, a aprendizaxe cooperativa, o deporte, as tecnoloxías da información é un Currículo moi estruturado con niveis de contidos altos, son as premisas que identifican esta Etapa Educativa.

Metodoloxía de ensinanza que parte da organización da clase en grupos heteroxéneos onde os alumnos traballan conxuntamente de forma coordinada entre sí, para resolver tarefas académicas e profundizar na súa aprendizaxe.

O traballo cooperativo conleva outras moitas vantaxes como: mellora do rendemento académico, o crecemento integral da persoa co exercicio das suas distintas capacidades e intelixencias, así como a mellora na comunicación e no desenvolvemento da intelixencia emocional.

Proxectos de comprensión baseados nas Intelixencias Múltiples

As nosas aulas están organizadas en grupos cooperativos, xa que deste xeito todos podemos aportar o mellor de nós mesmos, porque como asegura Howard Gardner, “A intelixencia é un potencial biopsicolóxico que se pode activar para resolver problemas e crear”.

Contamos con proxectos elaborados polos mestres de Primaria e adaptados ás necesidades dos nosos alumnos. Quen mellor para coñecer aos nosos alumnos que os seus mestres!

Aprendizaxe cooperativa

As habilidades sociais son unha parte fundamental no desenvolvemento da persoa, e para isto, a aprendizaxe cooperativa axuda a que todos os membros do equipo aprendan os contidos ata o máximo de posibilidades de cada un, ademais doutros valores como a solidariedade, o servizo aos demais, o respecto polas diferenzas…

Plurilingüísmo

O plurilingüismo forma parte do noso día a día. En idades temperás, cando os nenos son como esponxas que absorben todo, é fundamental o traballo nas linguas: castelán, galego e inglés. Na nosa aposta por abrirse camiño na sociedade nacen Arts e Science, materias impartidas en inglés. Do mesmo xeito, en Primaria, os nosos alumnos experimentan a presenza da lingua francesa como unha actividade na que aprenden xogando, e que os prepara para a ESO.

Novas tecnoloxías

E como non, sempre a última tendencia que move a nosa sociedade e que fai que avance e evolucione a un ritmo vertixinoso, onde engancharte e quedarte enredado é a única alternativa para avanzar e camiñar cara ao futuro. A tecnoloxía forma parte da nosa vida e naceu para quedarse nela e camiñar ao noso carón. Deste xeito, en 3º de Primaria ten a súa semente o Proxecto de Aula i+. Nela o iPad é unha ferramenta de traballo que nos acompaña no noso quefacer diario.

Apoios e Reforzos Educativos

No noso cole contamos co Servizo de Orientación, que realiza a identificación de dificultades de aprendizaxe e determina as necesidades educativas do alumnado, contando coa participación de todos os profesionais implicados na atención ao mesmo. Isto faise a través dun proceso de avaliación psicopedagóxica, que permitirá axustar a resposta educativa ás necesidades que poida ter o alumnado ao longo da súa escolarización.

Deste xeito nacen os Apoios e Reforzos Educativos, para tentar que o alumnado acade o seu potencial máximo a todos os niveis.

Saídas culturais

En cada trimestre do curso facemos unha saída cultural a sitios como Santiago, A Coruña, Padrón… Trátase dunha saída onde compartimos un día diferente cos compañeiros e mestres, pero tamén de convivencia, de aprendizaxe fóra das aulas. Do mesmo xeito, en diferentes momentos do trimestre, damos unha volta por Noia e arredores, para coñecer e vivir de preto costumes, organización social, monumentos…

Actividades extraescolares gratuítas

O colexio ofrece actividades extraescolares gratuítas dentro do horario lectivo nas que propoñemos un complemento á educación regrada. Fieis á nosa proposta pedagóxica, estas actividades van dirixidas a fomentar a creatividade e ao desenvolvemento de capacidades que contribúan á formación integral do alumnado.

Programación e robótica ( de 1º a 4º de Primaria) A robótica para nenos e nenas é unha alternativa lúdica que tomamos en conta dentro da educación primaria, porque supón un cambio dentro do proceso educativo clásico, debido a que o alumnado deixa de ser un oínte dentro da aula para pasar a ser o protagonista dun xogo de construcción, ao tempo que  vai dando renda solta á súa creatividade e traballa a súa comprensión sobre a tecnoloxía.

Xadrez  (1º e 2º de Primaria) Fomenta a concentración, a memoria e potencia a capacidade matemática. Esta actividade está deseñada para que o alumnado aprenda a pensar e mellore as habilidades sociais, cunha proposta baseada nas Intelixencias Múltiples.

Teatro (Toda a Educación Primaria) O alumno traballa na aula a expresión oral, corporal ou emocional, aspectos fundamentais no teatro. Sumado ao desenvolvemento do traballo en equipo e ás aprendizaxes transversais posibles, logramos unha poderosa ferramenta pedagóxica.

Dinamización  en  Inglés (Toda a Educación Primaria): a  importancia do dominio das linguas estranxeiras fai que a nosa aposta polos idiomas sexa múltiple. Completando a materia curricular, o inglés extraescolar é unha forma lúdica de potenciar a comprensión e a expresión en inglés.

Dinamización en Francés ( Toda a Educación Primaria) A nosa proposta de plurilingüismo non se limita ao inglés. Durante toda a Primaria, o alumnado pode ter unha introdución ao idioma Francés, enfocado  dende unha perspectiva amena e accesible.

Técnicas de estudo (5º e 6º de Primaria) A chave duns bos resultados está tamén na planificación do traballo. Nos cursos máis avanzados da Primaria, o alumnado ten ocasión de aprender as técnicas que xa son útiles nestes cursos e fundamentais noutros superiores para facer o estudo efectivo e rendible.

Titoría: Empezando desde infantil e seguindo en Primaria, a Titoría forma parte do noso Modo Propio de Educar. A través dela traballamos diferentes valores e temas de actualidade, traballamos como grupo clase, como etapa e como colexio. A solidariedade, o compromiso, a empatía, os tempos litúrxicos como o Nadal, a Pascoa ou campañas solidarias forman parte da nosa proposta.

Solicitar información

    He leido y acepto el aviso legal y la política de privacidad

    NOTICIAS

    Ver todas
    Ir a Arriba