Acerca de noia

Este autor no presenta ningún detalle.
Hasta ahora noia ha creado 112 entradas de blog.

Proxecto Solidario 2026

  O noso colexio está a levar a cabo un proxecto solidario para fomentar a solidariedade e o compromiso na comunidade educativa. Organízanse actividades como o Deporte Solidario, o Bocata Solidario e a Pizza Solidaria, abertas á participación de todo o alumnado, profesorado e familias. A recadación obtida destinarase a tres proxectos solidarios: Bolivia Buen [...]

2026-04-15T20:54:08+02:0015/04/2026|

Celebración Pascua

No noso colexio celebramos o Día da Pascua como un momento especial de convivencia e alegría, no que compartimos actividades dinámicas nas que o alumnado participa de forma moi activa. Procuramos que sexa unha celebración amena e breve, adaptada aos nenos e nenas, e que sempre remata con música, enchendo o ambiente de ledicia. Para [...]

2026-04-14T13:27:29+02:0014/04/2026|

Fin prazo admisión novo alumnado

Lembramos que o último día para a presentación telemática da solicitude é este venres 20 de marzo. Para a presentación presencial de solicitudes neste centro, o último día é o vindeiro luns 23 de marzo ás 17:00 da tarde. Todas as solicitudes posteriores a esta data non poderán ser tramitadas.    

2026-03-16T10:08:34+01:0016/03/2026|

ENTROIDO 2026: OS NOSOS XOGOS OLÍMPICOS 🎭🏅

Este ano o noso Entroido transformouse nun auténtico estadio olímpico! A temática elixida foi DEPORTES, e decidimos facer a nosa propia versión dos Xogos Olímpicos, nos que cada curso representou unha disciplina diferente. Ademais, quixemos aproveitar a ocasión para lembrar que o mundo está cheo de deportes marabillosos máis alá do fútbol, descubrindo novas paixóns [...]

2026-03-04T11:24:48+01:0003/03/2026|

Entrega de diplomas

No día de hoxe fixemos entrega dos diplomas ao alumnado que superou con éxito as certificacións oficiais de Cambridge e DELF. Este recoñecemento pon en valor o seu esforzo, constancia e compromiso coa aprendizaxe de idiomas, así como o traballo realizado ao longo do curso. Dende o colexio queremos felicitalos por este logro e [...]

2026-01-30T13:25:46+01:0030/01/2026|

Portas abertas todo o ano

Sabías que no noso cole... O 96% do alumnado da ESO titula con todo aprobado O alumnado pode examinarse e obter certificacións oficiais de idiomas desde Primaria ata a ESO, sen saír do colexio. Cambridge- Inglés (A1,A2,B1,B2) DELF - Francés (A1,A2,B1,B2) En 3º da ESO lévase a cabo inmersión lingüística a través de intercambios en [...]

2026-01-26T12:05:10+01:0014/01/2026|

Celebración día da Inmaculada

No noso colexio celebramos con moita alegría a festividade da Inmaculada, unha data cun significado moi especial para toda a comunidade educativa. Esta festividade ten unha fonda raíz na nosa identidade, pois foi precisamente o día da Inmaculada o que Santa Cándida María de Jesús escolleu para iniciar a Congregación das Fillas de Xesús na [...]

2025-12-10T17:13:15+01:0010/12/2025|

25N Día Internacional contra la Violencia Machista

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, o noso colexio reafirma o seu compromiso coa educación en valores de igualdade, respecto e non-violencia. As nosas alumnas e alumnos ofreceron unha emotiva interpretación artística, na que, a través do baile, transmitiron unha mensaxe de forza, unión e rexeitamento fronte a calquera [...]

2025-11-25T17:23:21+01:0025/11/2025|
Ir a Arriba