O noso servizo “Madrugadores” está destinado a aquelas familias que, por incompatibilidade entre a vida laboral e familiar, vense obligadas a dispoñer dun espazo lúdico-formativo no que os seus fillos/as poidan disfrutar de divertidas actividades na compañía de profesionais formados para esta actividade.

Cremos que este servizo de apertura anticipada do centro, debe supoñer un complemento educativo para os nenos e nenas  participantes, alexado dun mero espazo de guardia e custodia. Por este motivo, programamos actividades de carácter lúdico adecuadas á idade dos participantes, sen esquecer a hora do día na que nos atopamos, pero sempre cun marcado carácter educativo.

O programa “Madrugadores” levarase a cabo mediante a metodoloxía de “Talleres Infantiles de Desarrollo Integral”, cos que se busca a educación integral do neno grazas ao traballo das súas  diferentes intelixencias a través de:

  • Manualidades
  • Literatura e contos
  • Xogos de mesa
  • Tempo de estudo e repaso
  • Sesión de cine
  • Xogos populares
  • Xogos educativos

Podes descargar o documento de Alta e Baixa no servizo de madrugadores.