Celebración Pascua
No noso colexio celebramos o Día da Pascua como un momento especial de convivencia e alegría, no que compartimos actividades dinámicas nas que o alumnado participa de forma moi activa. Procuramos que sexa unha celebración amena e breve, adaptada aos nenos e nenas, e que sempre remata con música, enchendo o ambiente de ledicia.
Para a relixión cristiá, a Pascua conmemora a resurrección de Xesús Cristo, tres días despois da súa morte, sendo o acontecemento máis importante da fe cristiá. Representa a vitoria da vida sobre a morte e unha mensaxe de esperanza e novo comezo para todos.



