Taller de Educación Vial: aprendendo a ser peóns e cidadáns responsables

No marco da formación integral do noso alumnado, o colexio organizou un enriquecedor Taller de Educación Vial dirixido aos nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria. Este obradoiro, que contou coa colaboración de profesionais da seguridade viaria, tivo como obxectivo principal concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de respectar as normas de tráfico e adquirir hábitos responsables como peóns e futuros usuarios da vía pública.

Este taller non só contribúe a que os nosos alumnos e alumnas  adquiran coñecementos sobre educación viaria, senón que tamén promove valores como a responsabilidade, o respecto e a convivencia cidadá. A educación viaria é unha ferramenta esencial para formar cidadáns conscientes e comprometidos coa súa contorna.