Noticias dedicadas a la etapa infantil
Os oleiros na Idade Media
Os alumnos de 5 anos experimentamos por un día como traballaban os Oleiros, un dos Oficios interesantes da Idade Media!!!
Noticias dedicadas a la etapa infantil
Os alumnos de 5 anos experimentamos por un día como traballaban os Oleiros, un dos Oficios interesantes da Idade Media!!!
Neste segundo trimestre o alumnado de 4º de Educación Infantil traballaron os "indios", aprenderon moito das distintas tribus, sobre todo o respectuosas que eran coa natureza, da que cultivaban e usaban plantas para facer as súas mediciñas. O medio de transporte que empregaban era o cabalo e a canoa, gustáballes moito pescar e tamén [...]
Os nenos e nenas de quinto de infantil viaxamos á China a través do proxecto "Chinito tú, chinito yo", aprendemos moito sobre os costumes, gastronomía, monumentos... Foi unha aventura xenial.
O alumnado de Educación Infantil disfrutamos dunha xornada de aprendizaxe na granxa Apípolis. Aquí participamos en varios obradoiros de mel, galletas e velas de cera. Tivemos a oportunidade de vestirnos de apicultores e observar de cerca o traballo das abellas. Que importante son as abellas na nosa vida! Que ben o pasamos! [...]
Temos claro que a animación a lectura é moi importante, por iso en Infantil poñemos en práctica o Programa de Lectura, contacontos e enchemos de libros interesantes e rechamantes as bibliotecas de aula. Os nenos e nenas libremente deciden coller un libro e empezar a contar a súa historia, sendo así protagonistas da súa [...]
A realización de experimentos desenvolve habildades moi importantes para os nenos e nenas como a de centrarse nunha actividade, disfrutar en equipo e obter conclusións en base a feitos probados. Ademais, aproveitamos para traballar as cores na lingua inglesa.
Os superheroes de tres aniños viaxamos ata a cidade que nunca dorme. Na Gran Mazá collemos un taxi amarelo para recorrer as súas rúas e ver os rañaceos. Tamén disfrutamos do paseo en ferry para contemplar a estatua da liberdade... aprendemos que o inglés é a lingua coa que falan en América e a [...]
Os nenos e nenas de catro anos viaxamos a Italia co noso proxecto “Buongiorno Italia”, aprendemos moito sobre este país, os seus costumes, gastronomía, arquitectura, escultores, compositores e tamén nos convertemos en Chefs.
Este ano a festa de Entroido foi unha explosión de colorido. As familias dos alumnos convertéronse nos espectadores entusiastas dun festival cheo de bo humor e resultado dun traballo en equipo de profesores, profesoras, nais, pais e alumnado. A festa comezou pola mañá con xogos organizados por Ciclos Formativos para continuar co concurso de [...]