5º de infantil na China

O proxecto sobre China foi unha experiencia educativa emocionante e enriquecedora para os nenos e nenas de 4 anos. A través da exploración activa comprenderon e apreciaron a cultura, historia e tradicións da China.

Coñeceron arquitectura como as pagodas, a Gran Muralla, Guerreiros de Xián,  degustaron e elaboraron pratos típicos de China (arroz frito, rolos de primavera,  ou pastel de lúa), fixeron faroliños, tambores, abanicos, dragóns… e tamén practicaron a caligrafía chinesa, coñecendo os números e algunha palabra sinxela.

Esta viaxe permitiulles non só adquirir coñecementos novos, senón tamén cultivar habilidades importantes, como a curiosidade, a creatividade e o respecto polas diversas culturas do noso mundo.