Carreira Campo a través
O xoves 16 de febreiro os nenos e nenas de 4°E.P. ata 3° da E.S.O. participaron na xornada intercomarcal de Campo a través, celebrada no Estadio Municipal Julio Mato de Noia. Ademais dun día primaveral cabe destacar o bo comportamento dos rapaces e rapazas e os excelentes resultados obtidos… superando os seus nervios previos á carreira. Sendo primeiros clasificados por equipos en infantís masculinos e segundos en alevíns masculinos. E a nivel individual clasificaron Lía Atán en alevín feminino, Paula Álvarez en infantil feminino, Elena García en cadete feminino e Manuel Vidal en cadete masculino.
Parabéns a todos e todas por o voso esforzo e resultados e grazas pola vosa participación. A seguinte carreira terá lugar o día 17 de marzo en Ferrol.