Le «Petit Chaperon Rouge»

O pasado luns 23 de xaneiro, os alumnos de 4º ESO de Francés representaron unha obra de teatro inspirada no conto popular de Charles Perrault e os irmáns Grimm: Le Petit Chaperon Rouge (Carapuchiña Vermella). Durante os meses de decembro e xaneiro, estudaron e ensaiaron a obra para interpretala aos alumnos de 3ºEP e que estes conseguiran entendela a pesar de empregar nela un novo idioma estranxeiro. Remataron coa canción de Promenons-nous dans les bois, que tanto lles gustou aos cativos.