Xuntos pintamos a PAZ!

Hoxe celebramos o día da Paz e non violencia na escola. Despois de moito tempo analizando os problemas do mundo, démonos conta de todo o que se podía evitar e arranxar empregando o diálogo; pois con palabras de respecto os coles serían distintos, as amizades serían distintas, o mundo sería distinto. Con isto en mente, pensamos no que podiamos facer nós desde o cole para axudar ao mundo, e a resposta estaba clara: comezar por respectarnos nós mesmos e aos demais. Moitas veces pensamos que a Paz é imposible, ou que está moi lonxe, pero non é así, a Paz construímola nós cada día, coas nosas palabras, cos nosos xestos, coas nosas miradas e coa nosa educación.

Tamén caemos na conta do afortunados que somos de vivir nun lugar en Paz, pero queriamos facer un chamamento para as xentes dos lugares onde non reina a Paz: “Se no teu mundo non existe a Paz, píntaa!

Por iso, os nenos e nenas do colexio decidiron sacar todas as súas pinturas para pintar a Paz, no colexio e na vila. Pintar momentos con moitas cores, con pinceladas cheas de amizade, onde aprendamos sempre a escoitar, onde gardemos os insultos e respectemos as diferenzas. Se queremos a PAZ non podemos deixar de soñar e actuar!