CICLOS FORMATIVOS2022-12-15T10:16:48+01:00

QUE FACEMOS?

O sector do comercio e marketing (tanto físico como online) e afíns, teñen unha demanda constante de emprego, sendo esta a razón principal para formarse e reciclarse nesta especialidade, posto que as opcións de incorporación ao mundo laboral son inmediatas.

Os nosos Ciclos Formativos de Grao Medio de Actividades Comerciais e de Grao Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, están enfocados a capacitar, aumentar e mellorar as competencias dos nosos alumnos, e as probabilidades de acadar un mellor emprego, mellorando o seu desempeño dentro do sector do comercio e servizos asimilados, e ter unha formación activa na sociedade.

Estas ensinanzas son completamente gratuitas e podes atopar toda a info en https://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp

Instagram: @fpmariaassumpta

COMO O FACEMOS?

O noso obxectivo é que toda a información aprendida non só sexa teórica, senón que os nosos alumnos e alumnas poidan poñer en prácticas todo o aprendido mediante a realización de distintos proxectos e actividades, e que culmina coa Formación nos Centros de Traballo (FCT) en gran variedade de empresas: Inditex (Bershka, Zara, Stradivarius, Pull), Vegalsa, axencias de seguros, inmobiliarias, Rotogal. Frinsa, Gadisa, Lolita Moda Multimarca, BAP & Conde, The Desire Shop, e moitas máis… para deste xeito completar a súa educación profesional.

Contamos cunha Aula Polivalente Ciclos Formativos, un aula para o desenvolvemento de todas as aprendizaxes do Ciclo Formativo de Grao Medio e do Ciclo Formativo de Grao Superior, dous ciclos da familia profesional de Comercio e Marketing. A aula conta con zona escaparates, atrezo escaparates, iluminación especial, ordenadores, módulos tenda física (burros, islas, vitrinas, andeis, mobiliario,…) e todo o material funxible necesario para o desenvolvemento destas ensinanzas.

Técnico en actividades comerciais (CFGM)

Vendedor/ora; vendedor/ora técnico/a; representante comercial; orientador/ora comercial; promotor/ora; televendedor/ora; vendedor/ora a distancia; teleoperador/ora (en «call centers»); axente de información e atención á clientela; caixeiro/a ou repoñedor/ora; operador/ora de «contact centers»; administrador/ora de contidos en liña; comerciante de tenda; xerente de pequeno comercio; técnico/a en xestión de existencias e almacén; xefe/a de almacén; responsable de recepción de mercadorías; responsable de expedición de mercadorías; técnico/a en loxística de almacéns; técnico/a de información e atención á clientela en empresas.

Técnico Superior en Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (CFGS)

Xefe/a de vendas; representante comercial; axente comercial; encargado/a de tenda; encargado/a de sección dun comercio; vendedor/ora técnico/a; coordinador/ora comercial; supervisor/ora de telemárketing; merchandiser; escaparatista comercial; deseñador/ora de espazos comerciais; responsable de promocións no punto de venda; especialista en implantación de espazos comerciais.

Este curso 2020/2021 o alumnado do CFGS gañou dous premios importantes:

  • 2º Premio: Innovación Educativa
  • 1º Premio: Cartelería Campaña Nadal Noia Histórica

Para mais información fai clic aquí ou consulta o noso instagram.

Solicitar información

He leido y acepto el aviso legal y la política de privacidad

NOTICIAS

Ir a Arriba