Certificacións da lingua francesa: 100% de aprobados!!

As certificacións de linguas estranxeiras están á orde do día. Os diplomas que se otorgan ao aprobar os exames oficiais permiten aos nosos alumnos desmarcarse a nivel académico e profesional.

Cada curso o Colexio fomenta neles a adquisición destas certificacións non só na lingua inglesa, senón tamén na francesa. O dominio dunha segunda lingua estranxeira mellora as súas oportunidades laborais, favorece a súa independencia e fainos máis competitivos.
As certificacións DELF que acreditan o nivel de francés son recoñecidas de maneira permanente e internacionalmente nas administracións, empresas, universidades e outras institucións educativas.
No mes de xuño un grupo de alumnos presentouse ás probas DELF e houbo por 13º ano consecutivo un 100% de aprobados. Parabéns a todos estes alumnos polo seu esforzo e interese!!! Toutes nos félicitations pour votre réussite!!