Visitamos o Porto de Vigo

A semana pasada, o alumnado dos Ciclos Medio e Superior tivemos a oportunidade de visitar o Porto de Vigo.

Esta saída educativa está englobada dentro das accións que se organizan ao longo de todo o ano co obxectivo de poñer en contacto ao alumnado coa realidade empresarial da nosa contorna.

Ademais de ver de xeito práctico moitos dos coñecementos dos módulos de loxística, entendemos perfectamente por qué este porto é o número un en venda de peixe e peixe conxelado.
Coa explicación da guía que nos acompañou durante o percorrido no autobús, xa que moitas zonas polas que pasamos eran de acceso restrinxido, vimos todos os tipos de mercadorías que se xestionaban, así coma o sistema de funcionamento global e de cada unha das súas terminais.
Dende o peixe fresco e conxelado, mariscos, aos vehículos rodados (xestionados na terminal roro), pasando polas terminais de containers normais e rifer (conectados a un enchufe), froita, chatarra, madeira, bobinas de aceiro, granito e cemento.
A súa ubicación estratéxica e o tráfico de mercadorías con alto valor engadido fan que sexa un dos principais portos de España.
E nós estamos moi agradecidos a Porto de Vigo por brindarnos esta oportunidade e pola gran acollida que recibimos nesta visita.