Viaxamos a Italia
Os nenos e nenas de catro anos viaxamos a Italia co noso proxecto “Buongiorno Italia”, aprendemos moito sobre este país, os seus costumes, gastronomía, arquitectura, escultores, compositores e tamén nos convertemos en Chefs.
Os nenos e nenas de catro anos viaxamos a Italia co noso proxecto “Buongiorno Italia”, aprendemos moito sobre este país, os seus costumes, gastronomía, arquitectura, escultores, compositores e tamén nos convertemos en Chefs.
Este ano a festa de Entroido foi unha explosión de colorido. As familias dos alumnos convertéronse nos espectadores entusiastas dun festival cheo de bo humor e resultado dun traballo en equipo de profesores, profesoras, nais, pais e alumnado. A festa comezou pola mañá con xogos organizados por Ciclos Formativos para continuar co concurso de [...]
O xoves 16 de febreiro os nenos e nenas de 4°E.P. ata 3° da E.S.O. participaron na xornada intercomarcal de Campo a través, celebrada no Estadio Municipal Julio Mato de Noia. Ademais dun día primaveral cabe destacar o bo comportamento dos rapaces e rapazas e os excelentes resultados obtidos... superando os seus nervios previos [...]
Un dos nosos obxectivos no Colexio é que os alumnos/as se ilusionen por seguir estudando e formándose. Para iso, hoxe visitamos a Facultade de Dereito, a Biblioteca Universitaria Concepción Arenal e escoitamos á escritora Rosario Baleirón falarnos do proceso de creación do seu libro "Mamá vive en min". Encantounos a visita!! Acadariamos o noso [...]
Máis información na sección "Concursos" da Biblioteca (clic aquí).
Hoxe celebramos o día da Paz e non violencia na escola. Despois de moito tempo analizando os problemas do mundo, démonos conta de todo o que se podía evitar e arranxar empregando o diálogo; pois con palabras de respecto os coles serían distintos, as amizades serían distintas, o mundo sería distinto. Con isto en [...]
O pasado luns 23 de xaneiro, os alumnos de 4º ESO de Francés representaron unha obra de teatro inspirada no conto popular de Charles Perrault e os irmáns Grimm: Le Petit Chaperon Rouge (Carapuchiña Vermella). Durante os meses de decembro e xaneiro, estudaron e ensaiaron a obra para interpretala aos alumnos de 3ºEP e [...]
Os nenos e nenas de 4 anos descubrimos con Vincent Van Gogh o fermoso que é utilizar cores vibrantes e alegres para plasmar obras de arte. Practicamos cos nosos pinceis e desenvolvemos desta maneira diversas capacidades perceptivo-motrices. Canto aprendemos con Van Gogh!
O mércores 14 de decembro, celebramos no colexio a entrega de diplomas dos exames de inglés e francés realizados no mes de xuño. O noso colexio leva moitos anos preparando aos alumnos dende Primaria ata ESO e Ciclos Formativos para a realización de ditos exames, que lles servirán para o seu futuro académico e [...]