No noso cole ninguén xoga só!!

No noso cole ninguén xoga só!! Durante o curso estamos moi atentos ao alumnado que lle custa un pouquiño máis relacionarse e para estes rapaces, e para todo aquel que se queira achegar, organizamos os recreos activos e inclusivos. Cada xoves temos a nosa xuntanza previa invitación. Pasámolo xenial!! Xogos de mesa, charlas, manualidades… e moitas risas!! Este ano ata nos encargamos de facer a decoración das Letras Galegas! Aquí vos deixamos unha mostra. E lembrade: “No Colexio Maria Assumpta, ninguén xoga só!!”