Imposición da Pañoleta

Ao longo do curso, os Alcorinos asisten semanalmente a cada reunión co seu grupo, onde axudan aos máis necesitados, acompañan aos avós do xeriátrico, dedícanse ao coidado da casa común e tamén comparten xogos e risas. No mes de maio celebramos a nosa tradicional Festa de Imposición da Pañoleta, o cal é o momento de que cada membro reciba o símbolo que lle pertence e indica o tempo de pertenza e unión co grupo. Ademais da celebración, fixemos unha camiñata ata as Gaviotas onde compartimos unha xornada de disfrute cos compañeiros/as e disfrutamos do contacto coa natureza para coller enerxía nesta recta final de fin de curso.