
A etapa de Ciclos Formativos ten como propósito preparar ao alumnado en competencias técnicas e persoais que o capaciten para afrontar os retos do contorno profesional. Máis aló da formación específica no seu sector, buscamos que os nosos alumnos e alumnas desenvolvan autonomía, creatividade e compromiso, calidades esenciais para o seu crecemento persoal e laboral. A través de metodoloxías activas como a aprendizaxe baseada en proxectos, a realización de actividades de aprendizaxe-servizo e a resolución de casos prácticos, o noso alumnado adquire unha formación integral que combina teoría e práctica. Este enfoque fomenta o pensamento crítico, a innovación e o traballo en equipo, ao tempo que fortalece a súa conexión co contorno empresarial. Todo este esforzo e formación ponse en valor cando os nosos alumnos e alumnas comezan as súas prácticas en empresas. De feito, son moitos os que logran quedar traballando con contrato nas mesmas organizacións, grazas á súa valía profesional, capacidade de aprendizaxe e actitude proactiva. Esta continuidade é un reflexo directo da súa preparación e do impacto positivo que xeran nos contornos onde aplican o aprendido.
O sector do comercio e marketing (tanto físico como online) e afíns, teñen unha demanda constante de emprego, sendo esta a razón principal para formarse e reciclarse nesta especialidade, posto que as opcións de incorporación ao mundo laboral son inmediatas.
Os nosos Ciclos Formativos de Grao Medio de Actividades Comerciais e de Grao Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, están enfocados a capacitar, aumentar e mellorar as competencias dos nosos alumnos, e as probabilidades de acadar un mellor emprego, mellorando o seu desempeño dentro do sector do comercio e servizos asimilados, e ter unha formación activa na sociedade.
Estas ensinanzas son completamente gratuitas e podes atopar toda a info en https://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp
Contamos cunha Aula Polivalente Ciclos Formativos, un aula para o desenvolvemento de todas as aprendizaxes do Ciclo Formativo de Grao Medio e do Ciclo Formativo de Grao Superior, dous ciclos da familia profesional de Comercio e Marketing. A aula conta con zona escaparates, atrezo escaparates, iluminación especial, ordenadores, módulos tenda física (burros, islas, vitrinas, andeis, mobiliario,…) e todo o material funxible necesario para o desenvolvemento destas ensinanzas.
O noso obxectivo é que toda a información aprendida non só sexa teórica, senón que os nosos alumnos e alumnas poidan poñer en prácticas todo o aprendido mediante a realización de distintos proxectos e actividades, e que culmina coa formación en empresa. Algunhas delas son:
Empresas da comarca que apostan polo talento novo e xeran oportunidades reais de emprego:
Autos Patiño Noia SL, Alba Estudio de Deseño Gráfico, Lolita Moda, Foot on Mars, Camping Barraña, Hermo Asesores, Droguería Drolim, Droguería Muchas
Grandes grupos empresariais e cadeas recoñecidas
Colaboramos con líderes do sector que aportan unha experiencia de prácticas a gran escala:
Inditex (Zara, Stradivarius, Bershka, Massimo Dutti, Pull and Bear), Decathlon, El Corte Inglés, Vegalsa-Eroski, Gadisa, Supermercados Froiz
Sector alimentario e industrial
Un sector clave na nosa contorna, con empresas punteiras a nivel galego e nacional:
Frinsa del Noroeste S.A., Congalsa, Delagro S.C., Sidras Val do Traba, Bricomart, Aluminios Cortizo S.A.U.
Marketing, publicidade e deseño
Para o alumnado máis creativo e dixital:
Bab&Conde, Kracia Cooperativa Galega de Marketing, Somos Triwus, Moira S.Coop Galega Xuvenil, MARXE Artes Gráficas, Orixinal Imaxe, entre outras
Comercio, decoración e servizos
Empresas que abranguen desde a atención ao cliente ata a organización de espazos:
Pisa Morena! Zapaterías, Olmedo Tiendas, María Luisa Decoracións, Inmobiliarias (Mil Casas, Rías Galicia, Juan López, Gonfer Cruceiro), Natural Smart Beauty SL, Hospital Veterinario Ramiro Tubío
Deste xeito poñemos o broche de ouro a súa educación profesional.
- 2º Premio en Innovación Educativa 2021
- 1º Premio cartelería campaña Nadal Noia Histórica 2021
- Accésit en Innovación Educativa 2022
- Premio Xornalismo na Escola. La Voz de Galicia. Premio Galicia 2023
- 2º Premio en Innovación Educativa 2023
- 4º Premio Concurso Insta Foto. Rachando co medo. Concello de Noia. 2023
- Premio Xornalismo na Escola. La Voz de Galicia. Premio redes sociais 2024