Extraescolares2021-09-27T14:14:07+02:00

O colexio oferta cada ano un amplo abanico de actividades para que os alumnos completen  a súa formación durante a  xornada escolar. Estas son actividades totalmente gratuías dentro do horario escolar.

Por outro lado, ofertamos actividades deportivas e artísticas no horario de mediodía ao  finalizar o comedor de 14:20 a 15:30 h, estas actividades non son gratuítas.  O proceso de preinscripción iníciase a principios de setembro e a  oferta iníciase a partir do mes de outubro, tendo en conta o número mínimo de preinscripciones recibidas en cada actividade

Club Deportivo (Infantil e Primaria)

No curso 2011-2012 nace o “Club Deportivo María Assumpta” baixo o lema “Deporte, saúde e educación”, buscando como obxectivo principal ofrecer a posibilidade a todos os alumnos de ampliar a súa formación integral como persoas a través do deporte e da actividade física.

As nosas actividades están destinadas a todos os alumnos de EI e EP, impartíndose de luns a venres no horario de 14:25 a 15:20 h.

Como instalacións dispoñibles, contamos co pabillón e o ximnasio do propio Colexio, e ademais, actualmente mantemos un convenio co Concello de Noia, o cal nos permite o uso do pabillón “Agustín Mourís”, moi preto do Colexio (contamos con desprazamento gratuíto de ida e volta en autobús).

As actividades que ofertamos son diversas, intentando abarcar todas as necesidades e intereses dos nosos alumnos.

Ano tras ano, tanto a Xunta Directiva como todos os Monitores, traballan con ilusión e sacrificio para seguir crecendo e conseguir os obxectivos que perseguimos desde o primeiro día.

*Por mor das medidas sanitarias durante o curso 2021/22 non se celebrarán actividades do Club Deportivo neste primeiro trimestre do curso. En función da evolución da pandemia valoraremos retomar estas actividades a partir do segundo trimestre de curso.

ARTE E CREATIVIDADE

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES GRATUITAS

O colexio ofrece actividades extraescolares gratuítas dentro do horario lectivo nas que propoñemos un complemento á educación regrada. Fieis á nosa proposta pedagóxica, estas actividades van dirixidas a fomentar a creatividade e ao desenvolvemento de capacidades que contribúan ao desenvolvemento integral do alumnado.

  • Infantil
    • Inglés
    • Música
    • Robótica
    • Xadrez
  • Primaria:
    • Dinaminación en Inglés (Toda Primaria)
    • Teatro (Toda Primaria)
    • Programación e Robótica (1º a 4º de Primaria)
    • Xadrez (1º e 2º de Primaria)
    • Dinamización en Francés (3º a 6º de Primaria)
    • Técnicas de Estudo (5º e 6º de Primaria),
    • ALCOR (5º e 6º de Primaria)
  • ESO e CF:
    • ALCOR
    • Preparación aos exames oficiais de Cambridge (inglés)
    • Preparación aos exames oficiais de DELF (francés)

NOTICIAS

Ver todas
Ir a Arriba