O colexio oferta cada ano un amplo abanico de actividades para que os alumnos completen a súa formación durante a xornada escolar. Estas son actividades totalmente gratuías dentro do horario escolar.
Por outro lado, ofertamos actividades deportivas e artísticas no horario de mediodía ao finalizar o comedor de 14:20 a 15:30 h, estas actividades non son gratuítas. O proceso de preinscripción iníciase a principios de setembro e a oferta iníciase a partir do mes de outubro, tendo en conta o número mínimo de preinscripciones recibidas en cada actividade
Club Deportivo (Infantil e Primaria)
No curso 2011-2012 nace o “Club Deportivo María Assumpta” baixo o lema “Deporte, saúde e educación”, buscando como obxectivo principal ofrecer a posibilidade a todos os alumnos de ampliar a súa formación integral como persoas a través do deporte e da actividade física.
As nosas actividades están destinadas a todos os alumnos de EI e EP, impartíndose de luns a venres no horario de 14:25 a 15:20 h.
Como instalacións dispoñibles, contamos co pabillón e o ximnasio do propio Colexio, e ademais, actualmente mantemos un convenio co Concello de Noia, o cal nos permite o uso do pabillón “Agustín Mourís”, moi preto do Colexio (contamos con desprazamento gratuíto de ida e volta en autobús).
As actividades que ofertamos son diversas, intentando abarcar todas as necesidades e intereses dos nosos alumnos.
Ano tras ano, tanto a Xunta Directiva como todos os Monitores, traballan con ilusión e sacrificio para seguir crecendo e conseguir os obxectivos que perseguimos desde o primeiro día.
*Por mor das medidas sanitarias durante o curso 2021/22 non se celebrarán actividades do Club Deportivo neste primeiro trimestre do curso. En función da evolución da pandemia valoraremos retomar estas actividades a partir do segundo trimestre de curso.
ARTE E CREATIVIDADE
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES GRATUITAS
O colexio ofrece actividades extraescolares gratuítas dentro do horario lectivo nas que propoñemos un complemento á educación regrada. Fieis á nosa proposta pedagóxica, estas actividades van dirixidas a fomentar a creatividade e ao desenvolvemento de capacidades que contribúan ao desenvolvemento integral do alumnado.
- Infantil
- Inglés
- Música
- Robótica
- Xadrez
- Primaria:
- Dinaminación en Inglés (Toda Primaria)
- Teatro (Toda Primaria)
- Programación e Robótica (1º a 4º de Primaria)
- Xadrez (1º e 2º de Primaria)
- Dinamización en Francés (3º a 6º de Primaria)
- Técnicas de Estudo (5º e 6º de Primaria),
- ALCOR (5º e 6º de Primaria)
- ESO e CF:
- ALCOR
- Preparación aos exames oficiais de Cambridge (inglés)
- Preparación aos exames oficiais de DELF (francés)