Noticias en general que aparecerán en la home

A vendimar!

Os máis pequenos do cole gozaron da súa propia vendima, recollendo e pisando as uvas. Que ben o pasaron e canto viño fixeron!

2022-10-01T00:33:09+02:0001/10/2022|

Xa somos maiores!

Os nenos e nenas de tres anos rematan o período de adaptación con éxito, foron uns campeóns e disfrutaron moito con distintos xogos e actividades. Comezamos unha nova aventura de novas aprendizaxes.

2022-10-01T00:34:38+02:0020/09/2022|

Información relevante curso 2022-2023 e axudas de libros e material

Listaxes de libros e material para o vindeiro curso 2022-2023 (Actualización 20/07/2022: Correxido erro no ISBN do libro de inglés de 1º de Primaria) Xa están dispoñibles na portería do colexio os vales dos beneficiarios das axudas de libros (1º e 2º Primaria) e material (Primaria e ESO) do alumnado que na reserva interna [...]

2022-09-17T23:20:03+02:0014/07/2022|

Matrículas de honra

Este curso 21-22 o colexio María Assumpta tivo o pracer de conceder Matrícula de Honra a dous marabillosos estudantes, Rodrigo Fernández-Novoa García e Clara Rodríguez Rodríguez. Desexámoslles que sigan recollendo éxitos e que nunca esquezan estes anos de inicio. Cremos en vós.

2022-07-12T22:34:39+02:0006/07/2022|

Recomendacións de lecturas para o verán

Nestas vacacións, anímate a ler! É unha magnífica actividade que proporciona moitos beneficios, sexa cal sexa a nosa idade. A lectura tamén axuda ao desenvolvemento dos nenos e adolescentes e a mellorar o vínculo familiar. Un bo libro ofrece moitas posibilidades para seguir medrando. Desde a biblioteca do Colexio ofrecémosvos un listado de lecturas [...]

2022-07-12T22:28:50+02:0027/06/2022|

Por que pican as abellas?

Neste terceiro trimestre os alumnos de tres anos descubrimos o mundo das abellas, cómo nacen, de qué se alimentan, ónde viven, os tipos de abellas que hai, qué fabrican... Tamén tivemos a oportunidade de degustar o mel, que ben o pasamos!!

2022-07-09T15:27:18+02:0020/06/2022|

Ruidos dende a selva

Os nenos e nenas de catro anos durante este trimestre viaxamos á Selva Amazónica e descubrimos moitas cousas, animais que viven alí, costumes, tribus... Mirade canto aprendemos!

2022-07-09T15:25:53+02:0020/06/2022|

Acto de graduación de 4º ESO

Este curso, unha vez máis, despedimos aos alumnos de 4º de ESO cun emotivo acto de graduación no que participou todo o profesorado do colexio, os nosos alumnos e as familias. Agradecemos ao Concello de Noia os medios que nos proporcionaron a través do Concelleiro de Cultura, José Pérez. Para nós é unha celebración [...]

2022-07-09T15:23:28+02:0017/06/2022|

Graduación de 6º de Infantil

Este venres 17 de xuño celebramos a Festa de Graduación dos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil. Deixamos esta bonita etapa cargada de aventuras e emocións e comezamos outra moi entrañable. Xa nos estamos facendo maiores!!! [...]

2022-07-09T00:12:26+02:0017/06/2022|
Ir a Arriba