Proxecto Solidario 2026

  O noso colexio está a levar a cabo un proxecto solidario para fomentar a solidariedade e o compromiso na comunidade educativa. Organízanse actividades como o Deporte Solidario, o Bocata Solidario e a Pizza Solidaria, abertas á participación de todo o alumnado, profesorado e familias. A recadación obtida destinarase a tres proxectos solidarios: Bolivia Buen [...]

2026-04-15T20:54:08+02:0015/04/2026|

Celebración Pascua

No noso colexio celebramos o Día da Pascua como un momento especial de convivencia e alegría, no que compartimos actividades dinámicas nas que o alumnado participa de forma moi activa. Procuramos que sexa unha celebración amena e breve, adaptada aos nenos e nenas, e que sempre remata con música, enchendo o ambiente de ledicia. Para [...]

2026-04-14T13:27:29+02:0014/04/2026|

Celebración día da Inmaculada

No noso colexio celebramos con moita alegría a festividade da Inmaculada, unha data cun significado moi especial para toda a comunidade educativa. Esta festividade ten unha fonda raíz na nosa identidade, pois foi precisamente o día da Inmaculada o que Santa Cándida María de Jesús escolleu para iniciar a Congregación das Fillas de Xesús na [...]

2025-12-10T17:13:15+01:0010/12/2025|

Celebración Inicio curso 2025-2026

Un novo curso cheo de ilusión, símbolos e esperanza Aínda que o curso deu comezo oficialmente o 8 de setembro, en Jesuitinas Noia deixamos pasar unhas semanas para asentarnos e celebrar xuntos, con calma, este tempo que sempre supón unha nova oportunidade de crecer. Cada inicio de curso é máis que un cambio de calendario: [...]

2025-10-02T11:06:03+02:0002/10/2025|

180 aniversario da nosa fundadora, Santa Cándida María de Xesús

Celebramos con alegría e gratitude o aniversario da nosa querida Santa Cándida, unha figura que inspirou e guía a toda a comunidade educativa ao longo dos anos. Foi unha xornada moi especial, cargada de momentos emotivos e de convivencia que reforzaron os valores que nos unen. A nosa celebración comezou cunha fermosa eucaristía na [...]

2025-06-05T21:42:41+02:0005/06/2025|

Proxectos solidarios 2024-2025

Un ano máis colaboramos con FASFI (Fundación de Axuda Solidaria das Fillas de Xesús) a través de dous proxectos solidarios, un nacional e outro internacional, cos que buscamos a maneira de axudar a diversos colectivos con grandes necesidades. Os proxectos deste curso son un aula de acollida, integración e repaso en Alcarràs (Lleida, España) [...]

2025-03-21T18:05:59+01:0021/03/2025|

Contigo son!

Con este lema comezamos un novo curso cheo de retos, pero con moita enerxía para poder levalos a cabo. Este foi o noso compromiso durante a inauguración de curso, na que representantes de todas as etapas educativas, xunto co profesorado, PAS e ANPA compartimos todo o que queriamos traballar neste primeiro trimestre. Ademais do [...]

2024-09-29T21:30:51+02:0029/09/2024|

Felicidades Santa Cándida!

Celebramos con gran alegría o Aniversario de Santa Cándida. Comezabamos a xornada cunha Eucaristía adicada á nosa fundadora. Os alumnos máis pequenos fixeron unha procesión con ofrendas florais para felicitala e os maiores prepararon un baile moi bonito para ela. Repasamos o que foi este curso, fixemos balance de todo o aprendido e puxemos [...]

2024-06-16T17:05:43+02:0016/06/2024|

Información Proxectos Solidarios 23-24

Como cada ano colaboramos con FASFI, a Fundación de Axuda Solidaria das Fillas de Xesús. A través de dous proxectos, un nacional e outro internacional, buscamos a maneira de axudar a diversos colectivos con grandes necesidades. Como o facemos? Pois coa axuda de toda a Comunidade Educativa. Este ano xa estamos mans á obra coas [...]

2024-09-10T07:52:26+02:0019/03/2024|
Ir a Arriba