Biblioteca2024-01-22T19:34:56+01:00

COMO É A BIBLIOTECA “MARIBEL PARDAVILA”

”Coas obras que se fixeron en xullo e agosto de 2018 no Colexio Mª Assumpta,ampliouse a Biblioteca cun importante investimento, co fin de mellorar este espazo e facelo máis amplo e acolledor para toda a comunidade educativa.  A Biblioteca está no andar principal. Ten unha porta de acceso directo desde o exterior e outra desde o interior. Así mesmo ten a comodidade de contar cos aseos moi preto (tanto no exterior como no interior do edificio). Na planta onde se atopa están as aulas de 1º, 2º e 3º Ed. Primaria. É un espazo aberto á comunidade educativa e moi luminoso (cinco ventás) con zonas diferenciadas: espazo de préstamo, de exposicións, zona de ordenadores, zona de lectura informal, zona para traballos individuais, en grupo, de lectura, espazo “remexendo”… Este local é exclusivo para uso da biblioteca escolar. Ten unha superficie de 75 metros cadrados e é accesíbel para persoas con discapacidade. Neste momento conta con diferentes andeis e mesas e cadeiras de diferentes tamaños para dar resposta a todo o noso alumnado (desde 4º Ed. Infantil ata CFGS).

Este curso empezamos a ordenar os fondos coa clasificación CDU e a usar o programa Meiga para rexistralos. A nosa biblioteca é un centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe. Tentamos que o seu carácter sexa dinámico e en constante actualización. No Colexio Mª Assumpta traballamos por proxectos desde Infantil ata Ciclos Formativos e temos implantado desde fai varios anos o Programa Aula I+desde 3º Ed. Primaria ata 4º ESO, ámbolos dous incluídos (cada alumno/a traballa co seu propio dispositivo dixital que neste momento é un iPad).Por este motivo, a nosa biblioteca é un elemento estratéxico para a innovación educativa que tenta proporcionar ao alumnado e profesorado múltiples recursos. En resumo, o noso obxectivo é facer unha biblioteca inclusiva, activa, útil, estable, sustentable, renovada e acorde coas necesidades do século XXI que contribúa ao incremento do éxito escolar.

Noticias

Your Content Goes Here 20
Ir a Arriba