Pequenos ilustradores

O día 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración. Dende o noso Colexio queremos felicitar a todos e todas as ARTISTAS que co seu traballo e creatividade transmiten e acompañan os textos, contos, historias… Para conmemorar o día, a Biblioteca Escolar en colaboración coa ANPA organizou a actividade “Pequenos Ilustradores” para o alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria. Deste xeito ademais de fomentar a creatividade tamén fomentamos a lectura.
Os nenos e nenas recibiron un fermoso agasallo da ANPA do Colexio.