No Colexio Maria Assumpta temos o 2º ciclo de Educación Infantil, que abarca de 3 a 6 anos. A educación infantil contribúe ao desenvolvemento físico, emocional, social e intelectual dos nenos e nenas. O fundamental é ofrecer ao noso alumnado a maior riqueza e variedade de estímulos e oportunidades para que desenvolvan ao máximo as posibilidades que o seu cerebro lles ofrece.
Os nosos alumnos e alumnas aprenden e coñecen a súa contorna, sorprendéndose con cada pequeno descubrimento, aventurándose en camiños que antes non transitaran explorando cada centímetro do mundo que os rodea.
Pero, sobre todo, os nosos nenos e nenas son felices porque experimentan ese mundo nun ambiente de cariño e seguridade.
Contamos cun equipo de profesionais altamente cualificados, que velan en todo momento polo benestar dos nosos escolares máis pequenos.
ESTIMULACIÓN TEMPERÁ
A Estimulación Temperá é un conxunto de accións dirixidas a nenos de 0 a 6 anos. No noso Colexio traballamos a Estimulación Temperá diariamente nos tres cursos de Educación Infantil. Estas accións teñen en conta as características individuais de cada alumno e van encamiñadas a conseguir os seguintes obxectivos:
- Potenciar o desenvolvemento integral do alumnado.
- Mellorar a súa capacidade de concentración, memoria e creatividade.
- Facilitar a adquisición da linguaxe: articulación da fala, comprensión e expresión oral, ampliación do vocabulario…
- Espertar nos nenos e nenas o interese por explorar e aprender.
- Establecer as bases para unha rutina de traballo.
- Favorecer as habilidades sociais .
- E, sobre todo, reforzar a súa autoestima.
Para traballar a estimulación temperá realizaremos os seguintes programas diariamente:
PROXECTOS DE COMPRENSIÓN baseados nas INTELIXENCIAS MÚLTIPLES.
Os proxectos de comprensión facilitan a aprendizaxe dos contidos das distintas áreas e usan unha metodoloxía innovadora, baseada nas INTELIXENCIAS MÚLTIPLES de Howard Gardner. Inclúen actividades cooperativas e rutinas de pensamento que facilitarán futuros aprendizaxes.
INTELIXENCIAS MÚLTIPLES
Podemos distinguir ata 9 tipos de intelixencias:
– As persoas que sobresaen na INTELIXENCIA INTRAPERSOAL poden acceder aos seus sentimentos e emocións e reflexionar sobre estes.
– A INTELIXENCIA INTERPERSOAL é unha habilidade para detectar e comprender as circunstancias e problemas dos demais.
– A INTELIXENCIA LINGUISTICA non só fai referencia á capacidade de comunicación oral, senón a outras formas de comunicación como a escritura, os xestos, etc. Dentro das profesións nas que destaca este tipo de intelixencia podemos incluir políticos, escritores, poetas, xornalistas, actores…
– A INTELIXENCIA LÓXICO-MATEMÁTICA está relacionada coa capacidade de razoamento lóxico e resolución de problemas matemáticos. Científicos, economistas, académicos, enxeñeiros e matemáticos moitas veces destacan neste tipo de intelixencia.
– A INTELIXENCIA VISUAL-ESPACIAL permítenos observar o mundo e os obxectos dende diferentes perspectivas. Nesta intelixencia atopamos pintores, fotógrafos, diseñadores, publicistas, arquitectos…
– Existe unha INTELIXENCIA MUSICAL latente en todas as persoas. Como calquera outro tipo de intelixencia, a musical pode ser adestrada e perfeccionada. Os máis favorecidos neste tipo de intelixencia son aqueles capaces de tocar instrumentos, ler e compoñer pezas musicais con facilidade.
– Coa INTELIXENCIA CINESTÉSICA expresamos sentimentos a través do corpo. Os bailaríns, actores, atletas, cirurxiáns… usan racionalmente as súas habilidades físicas.
– Segundo Gardner, a INTELIXENCIA NATURALISTA permite detectar, diferenciar e categorizar aspectos relacionados co medio, como especies de animais e prantas ou fenómenos relacionados co clima, a xeografía ou os fenómenos naturais.
– Por último, a INTELIXENCIA ESPIRITUAL axúdanos a comprender o mundo, aos demais e a nós mesmos dende unha perspectiva máis profunda.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES GRATUÍTAS
O colexio ofrece actividades extraescolares gratuítas dentro do horario lectivo nas que propoñemos un complemento á educación regrada. Fieis á nosa proposta pedagóxica, estas actividades van dirixidas a fomentar a creatividade e ao desenvolvemento de capacidades que contribúan ao desenvolvemento integral do alumnado.
Robótica: as novas tecnoloxías están moi presentes no colexio, do mesmo modo que na sociedade actual. Ofrécese a actividade coa finalidade de mellorar a competencia dixital, familiarizarse coas ferramentas informáticas actuais e coñecer as pautas de uso seguro.
Xadrez : fomenta a concentración, a memoria e potencia a capacidade matemática. Esta actividade está deseñada para que o alumnado aprenda a pensar e mellore as habilidades sociais, cunha proposta baseada nas Intelixencias Múltiples.
Xogando en inglés: a importancia do dominio das linguas estranxeiras fai que a nosa aposta polos idiomas, sexa múltiple. Completando a materia curricular, o inglés extraescolar é unha forma lúdica de potenciar a comprensión e a expresión en inglés.
Xogando coa música: esta actividade ofrece despertar o interese musical dos máis pequenos, os nenos e nenas teñen a oportunidade de coñecer diferentes tipos de instrumentos musicais e incluso probalos. Con isto fomentamos a capacidade auditiva, o desenvolvemento motor, expresión corporal, etc…