Educación Secundaria Obligatoria (12-16 años)2022-12-15T10:06:11+01:00

A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) consta de catro cursos académicos que se realizan ordinariamente entre os 12 e os 16 anos de idade.

Organízanse en dous  ciclos: o primeiro, de tres cursos escolares (1º, 2º e 3º ESO) e o segundo, de un (4º ESO). Este último, fundamentalmente preparatorio e orientador, pode cursarse en dúas opcións diferenciadas:

  • Opción de ensinanzas académicas.
  • Opción de ensinanzas aplicadas.

A Educación Secundaria Obrigatoria ten como finalidade que o alumnado:

  • Adquira os elementos básicos da cultura: humanísticos, artísticos, científicos e tecnolóxicos.
  • Fomente e consolide os seus hábitos de estudo e de traballo.
  • Se prepare para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa  inserción laboral.
  • Se forme para o exercicio dos seus dereitos e obligacións ciudadáns.

A  ESO organízase de acordo cos principios de educación común e de atención á diversidade do alumnado, e presta unha especial atención á orientación educativa e vocacional.

QUE BUSCAMOS?

  • Adaptar o aprendizaxe aos cambios que experimentan os nosos alumnos pola súa idade, cambios físicos, cognitivos e emocionais.
  • Adquirir un pensamento crítico que lles permita desenvolverse na vida cotiá con responsabilidade e solvencia.
  • Fomentar unha aprendizaxe dinámica e contextualizada na realidade dos alumnos, pois debe responder as súas necesidades actuais e adaptarse ás esixencias da sociedade futura.

COMO O FACEMOS?

  • Propoñemos unha aprendizaxe contextualizada e baseada nas Intelixencias Múltiples que promoven a autonomía do alumno e permítenlle enfrentarse aos seus problemas a través do desenvolvemento das competencias.
  • Adaptamos a aprendizaxe dos alumnos nunha aprendizaxe personalizada e individualizada.
  • Aplicando metodoloxías baseadas nas Intelixencias Múltiples á aprendizaxe deductiva, experimental, cooperativa, ao pensamento crítico, á contextualización e ao lúdico.

METODOLOXÍAS ACTIVAS

  • Enfoque desde as Intelixencias Múltiples.
  • Cultura de pensamento.
  • Aprendizaxe cooperativa.
  • A aprendizaxe por proxectos baseada na ensinanza para a comprensión, axustando a temática dos proxectos aos intereses dos nenos de estas idades.
  • A aprendizaxe baseada no xogo coa estratexia de centros de aprendizaxe.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Contamos cunha unidade específica para alumnos de necesidades educativas especiais: especialistas en Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica e Equipo de Orientación. Levamos a cabo reforzos educativos e contamos con profesores de apoio que actúan dentro e fóra das aulas ordinarias. Propóñense diferentes adaptacións curriculares para atender ás diferentes necesidades e distintos niveis e ritmos de aprendizaxe, co obxectivo educativo de garantir a igualdade de oportunidades e de que todas as persoas consigan o máximo desenvolvemento persoal e social posible.

TRABALLO COOPERATIVO E PROXECTO

  • O traballo cooperativo é unha ferramenta de aprendizaxe que pon en marcha e desenvolve a transmisión de valores indispensables para a vida nunha sociedade diversa, como a inclusión, a aceptación das diferenzas, e o respecto; ademais dunha metodoloxía que garantiza unha aprendizaxe de calidade.
  • Proxectos educativos: Trátase dunha estratexia de aprendizaxe na que os estudantes se enfrontan a un proxecto que deben desenvolver, onde a aprendizaxe de coñecementos ten a mesma importancia que a adquisición de habilidades e actitudes. Tarefas ou problemas altamente motivadores e envolventes, mediante os cales o alumno desenvolve competencias nun ambiente colaborativo en busca de solucións.

NOVAS TECNOLOXÍAS

Proxecto aula i+: un iPad por alumno. Garantimos que os nosos alumnos manexen con soltura as novas tecnoloxías, o seu uso diario durante a súa formación, dá lugar a persoas desenvoltas, con capacidade de búsqueda de recursos e preparadas para eses novos traballos que están a surxir neste século das comunicacións. Cidadáns preparados para o século XXI.

EDUCACIÓN EN VALORES

A comunidade educativa do colexio María Assumpta fai posible que a educación non se limite á ensinanza e aprendizaxe de materias, habilidades e temarios,senón tamén a formular metas relacionadas co ámbito moral e o civismo, co obxectivo final de formar cidadáns responsables, baseándose no respecto aos demais, a inclusión e as ideas democráticas e solidarias, e sendo capaces de asumir retos e xogando un papel activo e comprometido coa formación dun mundo máis xusto.

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA. DELF E CAMBRIDGE.

  • En 2º e 3º da ESO, os alumnos teñen a posibilidade de viaxar fóra de España para unha exposición educativa a unha 2ª lingua, vivindo nunha comunidade que a fale habitualmente, para aprendela máis rapidamente e lograr así o bilingüismo dos aprendices.
  • As tardes dos mércores o colexio María Assumpta ofrece a posibilidade de formarse en dous idiomas, inglés e francés; sen ningún custo, os nosos alumnos prepáranse para superar os exames de Delf e Cambridge.

SAÍDAS CULTURAIS E CHARLAS EDUCATIVAS.

  • Cada trimestre temos diferentes saídas culturais dun día: teatros, exposicións, rutas turísticas e culturais. Ademais ao final do curso, os alumnos de 1º de ESO gozan de 3 días de aventura (Asturias, Manzaneda), e os de 4º de ESO pasan unha semana visitando unha cidade do estranxeiro (Roma, Londres, Berlín). Celebramos o fin de curso todos xuntos no Aqua Park de Cerceda.
  • Profesionais de distintos sectores instrúen os alumnos nas diferentes charlas que a miúdo se escoitan no noso salón de actos (doazón de órganos, drogas, deporte, astronomía, literatura, acoso escolar, novas tecnoloxías….).

AULAS ESPECÍFICAS

Acercámonos á ciencia. Os alumnos de secundaria, a miúdo traballan no laboratorio entre probetas, matraces e tubos de ensaio; nunha aula equipada e acondicionada para realizar experimentos, prácticas e traballos de carácter científico: análises do grupo sanguíneo, disolucións, filtracións, separación de mesturas, representación de moléculas, disección dun corazón, extracción de ADN celular, creación de ecosistemas, comprobación de leis, cromatografías… Poñemos a proba os nosos coñecementos investigando na nosa vida cotiá, en nós mesmos, e no mundo que nos rodea.

Contamos cunha aula equipada e acondicionada para a realización de diferentes proxectos tecnolóxicos, martelos, serras, alicates, desparafusadores…materiais que nos permiten contruír circuítos. Diferenciar materiais, realizar plicacióne complexas… En definitiva, pasar á acción, poñendo en práctica todos os nosos coñecementos teóricos dos diferentes procesos tecnolóxicos.

Unha aula flexible e dinámica, onde é posible aprender porque hai arte ao ensinar. Nesta aula poténciase a creatividade. Moitas e variadas técnicas creativas son estudadas e postas en práctica na área de Educación Plástica e Visual: trazados xeométricos, visión e percepción, a cor, as perspectivas, composicións…. Un trimestre tras outro prodúcese nesta aula unha explosión de creatividade que inunda os corredores de secundaria de vida, de cor e de arte.

Un aula equipada e acondicionada para a aprendizaxe musical e audiovisual con materiais e recursos para un correcto desenvolvemento da ensinanza Musical e Audiovisual.

As novas tecnoloxías están moi presentes no colexio, do mesmo modo que na sociedade actual. Ofrecemos un aula coa finalidade de mellorar a competencia dixital, familiarizarse coas ferramentas informáticas actuais e coñecer as pautas de uso seguro.

Solicitar información

He leido y acepto el aviso legal y la política de privacidad

NOTICIAS

Ir a Arriba