Noticia destacada de la home
25N Día Internacional contra la Violencia Machista
Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, o noso colexio reafirma o seu compromiso coa educación en valores de igualdade, respecto e non-violencia. As nosas alumnas e alumnos ofreceron unha emotiva interpretación artística, na que, a través do baile, transmitiron unha mensaxe de forza, unión e rexeitamento fronte a calquera [...]
Calendario xaneiro de exames materias pendentes ESO
Calendario de exames das materias pendentes de cursos anteriores para alumnado de ESO. CALENDARIO EXAMES PENDENTES
Celebración Inicio curso 2025-2026
Un novo curso cheo de ilusión, símbolos e esperanza Aínda que o curso deu comezo oficialmente o 8 de setembro, en Jesuitinas Noia deixamos pasar unhas semanas para asentarnos e celebrar xuntos, con calma, este tempo que sempre supón unha nova oportunidade de crecer. Cada inicio de curso é máis que un cambio de calendario: [...]
180 aniversario da nosa fundadora, Santa Cándida María de Xesús
Celebramos con alegría e gratitude o aniversario da nosa querida Santa Cándida, unha figura que inspirou e guía a toda a comunidade educativa ao longo dos anos. Foi unha xornada moi especial, cargada de momentos emotivos e de convivencia que reforzaron os valores que nos unen. A nosa celebración comezou cunha fermosa eucaristía na [...]
Adivina, adivinanza…
No segundo trimestre o alumnado de tres anos traballou o proxecto a "Danza da Choiva", coa que aprendemos sobre os costumes e vocabulario relacionado cos Indios. Introducir aos nenos en diferentes culturas, axúdalles a entender e apreciar a diversidade do mundo, isto fomenta o respecto e a empatía cara aos demais dende ben pequenos. [...]
Proxectos solidarios 2024-2025
Un ano máis colaboramos con FASFI (Fundación de Axuda Solidaria das Fillas de Xesús) a través de dous proxectos solidarios, un nacional e outro internacional, cos que buscamos a maneira de axudar a diversos colectivos con grandes necesidades. Os proxectos deste curso son un aula de acollida, integración e repaso en Alcarràs (Lleida, España) [...]
Benvido inverno!
En Infantil experimentamos o fría que estaba a neve a través dun experimento con bicarbonato de sodio e auga. Esta é unha forma lúdica de achegar os nenos e nenas á ciencia, así como familiarizarnos coa estación do inverno na que estamos. Ao manipular e moldear a neve falsa estimulamos o sentido do tacto [...]
A maxia do Nadal está en estar xuntos
Nesta época tan especial, queremos compartir convosco esta historia chea de emoción, amizade e o verdadeiro significado do Nadal. Na nosa escola, cremos que o máis importante non son os adornos ou os agasallos, senón o cariño, a xenerosidade e a unión que construímos día a día. Grazas por formar parte desta gran familia. [...]