Bo Nadal!

O Nadal é un tempo de esperanza e bos desexos, como os que puidemos gozar durante a celebración do Belén Vivente que compartimos toda a Comunidade Educativa. No noso xa tradicional Belén puidemos cantar, bailar e festexar o nacemento do neno Xesús cheos de alegría e en familia. Grazas ao labor da ANPA desfrutamos [...]

2024-12-21T21:31:51+01:0021/12/2024|

¡Mil albricias!

Na celebración da Inmaculada xuntámonos para lembrar a dúas mulleres valentes e xenerosas, como son a Nai Cándida, patroa de todos os colexios da Fundación Educativa Jesuitinas, e María Inmaculada. Dúas mulleres que, coas súas vidas, ensínannos valores como a entrega, a xustiza, a esperanza e a alegría. Alegría como a que a Nai [...]

2024-12-14T19:39:18+01:0005/12/2024|

As orixes de Halloween e a súa influencia no Samaín

A festa de Halloween, tal e como a coñecemos hoxe, xorde principalmente en América do Norte e espallouse por todo o mundo grazas ao cine, a televisión e as redes sociais. Non obstante, o Halloween ten raíces moito máis antigas e, curiosamente, estas raíces están conectadas con festividades tradicionais en Europa, como o Samaín [...]

2024-12-14T19:39:46+01:0031/10/2024|

Contigo son!

Con este lema comezamos un novo curso cheo de retos, pero con moita enerxía para poder levalos a cabo. Este foi o noso compromiso durante a inauguración de curso, na que representantes de todas as etapas educativas, xunto co profesorado, PAS e ANPA compartimos todo o que queriamos traballar neste primeiro trimestre. Ademais do [...]

2024-09-29T21:30:51+02:0029/09/2024|

Felicidades Santa Cándida!

Celebramos con gran alegría o Aniversario de Santa Cándida. Comezabamos a xornada cunha Eucaristía adicada á nosa fundadora. Os alumnos máis pequenos fixeron unha procesión con ofrendas florais para felicitala e os maiores prepararon un baile moi bonito para ela. Repasamos o que foi este curso, fixemos balance de todo o aprendido e puxemos [...]

2024-06-16T17:05:43+02:0016/06/2024|

Camiñamos pola paz

No noso colexio sabemos que a paz non é só un evento dun día, senon que ten que levarse a cabo a diario. Buscamos fomentar un ambiente no que cada estudante se sinta respectado e valorado, e onde a diversidade sexa para nós, a normalidade. Por iso neste día de celebración da Paz e [...]

2024-01-31T18:13:04+01:0031/01/2024|

Belén vivente 2023

Un ano máis celebramos un evento especial que permitiu aos nosos estudantes compartir o espírito do Nadal dunha maneira única e significativa. A representación do nacemento de Xesús a través do Belén Vivente non só foi un espectáculo conmovedor, senón tamén unha oportunidade para que os nosos fillos aprendesen sobre o verdadeiro significado do [...]

2023-12-22T21:05:17+01:0022/12/2023|

Feliz día da Inmaculada!

O pasado domingo comezabamos o tempo de Advento, un tempo de espera onde os cristiáns nos preparamos para o nacemento de Xesús. Namentres agardamos o momento, no colexio, demos as grazas á Virxe María, quen se preparou para traer a Xesús ao mundo e así devolvernos a esperanza. Durante a celebración colexial tivemos a [...]

2023-12-10T00:08:41+01:0009/12/2023|

Xuntos, dámolo todo!

A celebración do aniversario de Santa Cándida sempre é un motivo de ledicia para a nosa Comunidade Educativa. Este curso, agardabamos este día con especial ilusión, pois despois de catro cursos, por fin puidemos gozar do tradicional picnic coas familias. Que ben o pasamos! Vivimos un día de festa no que lembramos todo o [...]

2023-10-10T21:14:39+02:0028/05/2023|

Celebración de Entroido

Este ano a festa de Entroido foi unha explosión de colorido. As familias dos alumnos convertéronse nos espectadores entusiastas dun festival cheo de bo humor e resultado dun traballo en equipo de profesores, profesoras, nais, pais e alumnado. A festa comezou pola mañá con xogos organizados por Ciclos Formativos para continuar co concurso de [...]

2023-02-22T10:42:46+01:0022/02/2023|
Ir a Arriba