ADMISIÓNS2024-02-16T18:46:58+01:00

Proceso de admisións

Contacta con nós: se desexas información, podes enviar un correo a info@jesuitinasnoia.es, cubrir este formulario ou chamar ao 981820500 ou 604064762 e poñerémonos en contacto contigo.

Horario de atención para solicitudes presenciais:

  • Mañás: luns a venres de 08:30 a 13:00 horas.
  • Tardes: luns, mércores e xoves de 15:30 a 18:00 horas. Martes de 15:30 a 17:00 horas.

Información sobre o proceso de admisións (normativa aplicable, vacantes ofertadas, servizos complementarios, criterios de admisión, prazos do proceso). 

1. Lexislación aplicable:

A normativa reguladora da admisión de alumnos en Centros sostidos con fondos públicos está contida nas seguintes disposicións: 

2. Oferta do Centro:

Niveis concertados: Infantil, Primaria, E. S. O., Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior.  

Centro de adscrición: IES Campo de San Alberto 

Este Centro de ensinanza realiza unha oferta educativa católica, de conformidade cos principios, obxectivos e medios sinalados no seu Carácter Propio dos Centros de Fillas de Xesús, Proxecto Educativo, etc.  

2.1. Prazas vacantes :

As prazas vacantes poden consultarse na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) da Consellería de Educación e no documento “Postos escolares vacantes” (clic aquí) a partir do 28 de febreiro. 

2.2. Servizos complementarios:

Os servizos complementarios réxense pola Orde do 15 de xaneiro de 1997 (DOG do 12 de marzo de 1997) e o Decreto 444 de 1996 do 13 de decembro (DOG do 2 de xaneiro de 1997). 

  • Comedor escolar
    • De luns a venres de 13:20 – 15:20 Ed. Infantil e Primaria.
    • Luns de 14:20 – 16:20 para ESO e Ciclos Formativos.
    • De martes a venres de 14:20 – 15:20 para ESO e Ciclos Formativos.
  • Transporte escolar  
    • Autos Dosil: itinerarios da vila de Noia e Serra de Outes-Freixo-Esteiro, en horarios de Ed. Infantil-Primaria e ESO-CF.
    • Autos Outeiral: itinerarios de Boiro, Rianxo e Pobra do Caramiñal, en horarios de Ed. Infantil-Primaria e ESO-CF.
  • Programa Madrugadores
    • De luns a venres de 8:00 – 9:30 hrs. para Ed. Infantil e Primaria. 

3. Calendario do proceso de admisión:

4. Solicitude de admisión:

Existen dúas vías para presentar a solicitude de admisión: 

  • Preferentemente por vía electrónica, mediante Chave365 ou certificado electrónico (pódese descargar un pequeno manual do trámite aquí):
    • Cubrir a solicitude na aplicación admisionalumnado, a través do menú Solicitudes – Admisión – Crear. Seguir os pasos que vai solicitando a aplicación. O proxenitor que teña o usuario de Chave365 ou o certificado electrónico débese poñer en primeiro lugar na lapela de «Datos persoais» da aplicación.
    • Con esta solicitude deberanse subir escaneados á aplicación o anexo II-bis (que previamente se deberá imprimir, cubrir e asinar manualmente pola outra persoa proxenitora e os restantes membros computables da unidade familiar) e o resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas…).
  • Presencialmente, no Centro de primeira opción, de dous xeitos: 
    • Descargar o impreso de admisión (clic aquí) ou solicitalo no Centro de primeira opción, cubrilo, asinalo e entregalo no Centro de primeira opción xunto coa documentación do punto 5; ou 
    • Cubrir a solicitude na aplicación admisionalumnado, a través do menú Solicitudes – Admisión – Crear. Unha vez cubertos todos os datos de todas as pestanas, débese imprimir, asinar e presentar no Centro de primeira opción xunto coa documentación do punto 5.

 Na solicitude deben asinar ambos proxenitores con patria potestade (coa única excepción do agresor nos casos de violencia de xénero) e todos os membros computables da unidade familiar (polos menores de idade deberá constar a sinatura dun proxenitor ou titor legal).

En todo caso, terase en conta a situación persoal, a composición da unidade familiar e os criterios de admisión por referencia á data de inicio do prazo para presentar solicitudes de admisión, agás os datos económicos (renda e IPREM), que serán do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural da solicitude.

  1. Para os efectos da Orde do 21 de outubro de 2022 de admisións, terán a consideración de membros computables da unidade familiar:
    1. As persoas proxenitoras non separadas legalmente nin divorciadas ou, de ser o caso, as titoras ou acolledoras do alumnado.
    2. Os/as fillos/as menores de idade.
    3. Os/as fillos/as maiores de idade con discapacidade que estean incapacitados/as xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou
    4. Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos se conviven no domicilio familiar.
    5. A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou análoga relación de afectividade ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado, agás nos casos de custodia compartida.
  2. As persoas proxenitoras separadas legalmente ou divorciadas con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.
  3. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polas persoas proxenitoras e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do número 1.
  4. Non terá a consideración de membro computable da unidade familiar:
    1. A persoa proxenitora que non teña a custodia, nos casos de separación ou
    2. O agresor, nos casos de violencia de xénero.
  5. En todo caso, terase en conta a situación persoal, a composición da unidade familiar e os criterios de admisión por referencia á data de inicio do prazo para presentar solicitudes de admisión, agás os datos económicos (renda e IPREM), que serán do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural da solicitude. Para o curso 2023-2024 terase en conta o exercicio fiscal 2021.

5. Documentación que debe acompañar á solicitude:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar (só cando non se autorice a súa consulta).
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  • Certificación de matrícula do centro actual (só cando se proceda dun centro non galego).
  • No caso de solicitar praza reservada para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo derivadas de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual, de trastornos graves de conduta ou por encontrarse en situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais económicos ou culturais: documentación acreditativa das devanditas situacións e circunstancias.
  • No caso de separación ou divorcio: convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio onde conste a custodia do menor.  

6. Criterios de admisión do alumnado e puntuación (Artigo 9 do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro e Artigos do 13 ao 24 da Orde do 21 de outubro de 2022 de admisións):

Nos centros docentes sostidos con fondos públicos onde non haxa postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes de reserva e/ou de admisión, para determinar a orde de prelación do alumnado, teranse en conta os seguintes criterios: 

Terán a mesma consideración que os irmáns por natureza e adopción: 

  • Os fillos de calquera dos cónxuxes ou persoas unidas por análoga relación de afectividade, sempre que convivan na unidade familiar.
  • As persoas en situación de tutela ou garda en acollemento familiar, sempre que convivan na unidade familiar.

Só se terán en conta os irmáns que vaian continuar escolarizados no curso para o cal se solicita a admisión no mesmo centro, ou noutro centro público que teña a consideración de centro único (isto é, centro adscrito e de adscrición do nivel inmediato superior). 

Puntuación: por unha irmá ou un irmán matriculados no centro, oito puntos; polo segundo e seguintes, dous puntos por cada un, co máximo de catorce puntos. 

Documentación acreditativa: copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor. 

A persoa solicitante indicará na solicitude de admisión se quere que se lle valore a proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou a do lugar de traballo. Esta opción afecta todos e cada un dos postos relacionados na solicitude e é excluínte, pois as puntuacións en ningún caso son acumulables.

  1. Proximidade do domicilio familiar: Considérase domicilio familiar aquel en que convivan habitualmente os membros computables da unidade familiar cunha antigüidade mínima dun ano respecto do inicio do prazo de presentación de solicitudes. Cando non se reúna o requisito da antigüidade mínima dun ano, a persoa solicitante deberá acreditar o título que lexitime a ocupación da vivenda e a residencia real e efectiva nela.
    Nos casos de separación ou divorcio das persoas proxenitoras, se teñen atribuída a custodia compartida, considérase domicilio familiar aquel en que figure o/a alumno/a. No suposto de custodia exclusiva, aquel en que figure a persoa proxenitora que teña atribuída a custodia do alumno/a. En ambos os casos, será de aplicación o requisito xeral da antigüidade mínima dun ano e a excepción indicada no parágrafo anterior.
    Puntuación por proximidade do domicilio familiar ao centro docente: se está na área de influencia do centro, oito puntos; se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro, catro puntos.
    Documentación acreditativa: certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar, que deberá indicar a data de alta e estar expedido no ano anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes. Se a residencia no domicilio for inferior a 1 ano, deberá, achegar ademais escritura de compra, contrato de alugamento ou calquera outro título que lexitima a ocupación da vivenda, así como recibos acreditativos do pagamento de subministracións (auga, electricidade, gas…).
  1. Proximidade do lugar de traballo: Considérase lugar de traballo o enderezo concreto onde estea situado o centro de traballo do membro computable da unidade familiar. Nos casos de separación ou divorcio, se a custodia é compartida, poderase optar polo lugar de traballo de calquera das persoas proxenitoras; se a custodia é exclusiva, terase en conta o lugar de traballo da persoa proxenitora que a teña atribuída.
    Puntuación por proximidade do lugar de traballo: se está na área de influencia do centro, seis puntos; se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro, tres puntos.

    Documentación acreditativa:

  • Persoa traballadora por conta allea: contrato de traballo en que conste o enderezo do centro de traballo e informe de vida laboral obtido no ano natural do procedemento de admisión.
  • Persoa traballadora por conta propia: certificado de alta no censo de actividades económicas da AEAT en que conste o enderezo do centro de traballo ou licenza de apertura ou actividade do concello, se non está obrigado a estar de alta no dito censo.
  • Persoal ao servizo das administracións públicas: certificado da unidade de persoal en que conste o enderezo do centro de traballo.

A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural de presentación da solicitude entre o número de membros computables na data de inicio do periodo de presentación de solicitudes de admisión.

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas obtidas polos membros computables da unidade familiar que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Cando presenten declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal correspondente, sumaranse a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro. Cando non a presenten, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Puntuación, por referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do exercicio fiscal a que corresponde a renda:

  • Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: tres puntos.
  • Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: dous puntos.
  • Se é igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: un punto.
  • Se é igual ou superior ao IPREM: cero puntos.

Documentación acreditativa: consultaranse automaticamente os datos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administración públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

A persoa proxenitora, titora ou acolledora terá a consideración de traballadora do centro docente cando estea vinculada con este por unha relación funcionarial ou por un contrato de traballo de duración indefinida ou temporal, sempre que, neste último caso, dure ata o final do curso para o cal solicita a admisión.

Así mesmo, terán esta consideración as persoas que sexan socias traballadoras de cooperativas e a persoa titular do centro privado concertado. 

Puntuación: tres puntos, con independencia de que traballen ambos proxenitores. 

Documentación acreditativa: correspóndelle ao centro comprobar este criterio e incorporar a xustificación ao expediente. 

Puntuación: ás familias que teñan recoñecida a condición de familia numerosa correspóndelles a seguinte puntuación: familia numerosa de categoría especial, tres puntos; de categoría xeral, dous puntos. 

Documentación acreditativa: consultaranse automaticamente os datos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administración públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta. 

Puntuación: no caso de irmáns nados dun parto múltiple, sempre que soliciten o mesmo centro, corresponderanlles oito puntos se son dous e dez puntos se son máis de dous. 

Documentación acreditativa: libro de familia ou certificación de parto múltiple 

Puntuación: ás familias que teñan a condición de monoparental correspóndelles unha puntuación de dous puntos.

Documentación acreditativa: certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia ou da autoridade competente doutras administracións públicas.

Puntuación por discapacidade igual ou superior ao 33 % dos membros computables da unidade familiar, co máximo de catro puntos: 

  1. Alumno/a: catro puntos.
  2. Calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, ou o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora: tres puntos.
  3. Calquera das irmás ou dos irmáns: un punto por cada un.

Así mesmo, terá a consideración de discapacidade equiparada ao 33 % a percepción de pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, e a percepción de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. 

Documentación acreditativa: certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia ou percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (só no caso de non estar expedido pola Administración autonómica galega). No caso de estar expedido pola Administración autonómica galega, consultaranse automaticamente os datos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administración públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta. 

Puntuación: cando calquera dos membros computables da unidade familiar teña a condición de vítima de violencia de xénero atribuiráselle unha puntuación de dous puntos. 

Documentación acreditativa: documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero de acordo co artigo 5 da Lei 11/2007, do 7 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. 

Puntuación: cando calquera dos membros computables da unidade familiar teña a condición de vítima de terrorismo atribuiráselle unha puntuación de dous puntos. 

Documentación acreditativa: certificado de vítima de terrorismo de acordo coa Lei 29/2011, do 22 de setembro, de recoñecemento e protección integral ás vítimas do terrorismo. 

Puntuación: cando calquera das persoas proxenitoras sexa  antigo alumno ou alumna do centro onde solicita a admisión para o seu fillo ou filla: un punto. 

Documentación acreditativa: correspóndelle ao centro comprobar este criterio e incorporar a xustificación ao expediente. 

O momento e a forma de alegar e acreditar os criterios de admisión será o que se estableza mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de educación. 

En caso de empate na puntuación total resolverase atendendo á maior puntuación obtida en cada un dos criterios de baremo referidos, seguindo a mesma orde dos criterios listados no punto 1 do artigo 9 do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, de admisións. De manterse o empate, resolverase por sorteo público na forma que estableza a administración competente. 

7. Matrícula :

  • Prazos de matrícula:
    • Prazo de matrícula Infantil e Primaria: do 20 de xuño ao 01 de xullo.
    • Prazo de matrícula ESO: do 24 de xuño ao 08 de xullo.
  • Documentación a presentar xunto coa matrícula:
    • DNI, NIE, pasaporte ou libro de familia do/a alumno/a.
    • Certificación académica do centro actual.
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
    • Dúas fotos tamaño carnet.
    • No caso de separación ou divorcio: convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio.

NOTA INFORMATIVA IMPORTANTE: 

  1. Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
    Logo de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse. 
  2. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
  3. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. 

 A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde de 21 de outubro de 2022 de admisións. 

A solicitude de reserva, admisión ou escolarización extraordinaria deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade non emancipado. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexos I-bis, II-bis e III-bis). 

Cando falte o consentimento expreso da outra persoa proxenitora para a escolarización, mentres non se produza a resolución xudicial nos termos previstos no artigo 156 do Código civil, manterase a situación de escolarización existente, se a houbese; no caso contrario, escolarizarase o menor, provisionalmente, tendo en conta a solicitude e o certificado de convivencia. 

Nas situacións de violencia de xénero non é necesaria a sinatura do agresor. 

A admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro. 

O proceso de admisión poderá consultarse na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado): 

  1. O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
  2. A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
  3. A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
  4. O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa
  5. A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

DOCUMENTACIÓN: 

NOTICIAS

Formulario de información

He leido y acepto el aviso legal y la política de privacidad

Ir a Arriba