Proceso de admisións
Contacta con nós: se desexas información, podes enviar un correo a info@jesuitinasnoia.es, cubrir este formulario ou chamar ao 981820500 ou 604064762 e poñerémonos en contacto contigo.
Horario de atención para solicitudes presenciais:
- Mañás: luns a venres de 08:30 a 13:00 horas.
- Tardes: luns, mércores e xoves de 15:30 a 18:00 horas. Martes de 15:30 a 17:00 horas.
Información sobre o proceso de admisións (normativa aplicable, vacantes ofertadas, servizos complementarios, criterios de admisión, prazos do proceso).
1. Lexislación aplicable:
A normativa reguladora da admisión de alumnos en Centros sostidos con fondos públicos está contida nas seguintes disposicións:
2. Oferta do Centro:
Niveis concertados: Infantil, Primaria, E. S. O., Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior.
Centro de adscrición: IES Campo de San Alberto
Este Centro de ensinanza realiza unha oferta educativa católica, de conformidade cos principios, obxectivos e medios sinalados no seu Carácter Propio dos Centros de Fillas de Xesús, Proxecto Educativo, etc.
2.1. Prazas vacantes :
As prazas vacantes poden consultarse na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) da Consellería de Educación e no documento “Postos escolares vacantes” (clic aquí) a partir do 28 de febreiro.
2.2. Servizos complementarios:
Os servizos complementarios réxense pola Orde do 15 de xaneiro de 1997 (DOG do 12 de marzo de 1997) e o Decreto 444 de 1996 do 13 de decembro (DOG do 2 de xaneiro de 1997).
- Comedor escolar
- De luns a venres de 13:20 – 15:20 Ed. Infantil e Primaria.
- Luns de 14:20 – 16:20 para ESO e Ciclos Formativos.
- De martes a venres de 14:20 – 15:20 para ESO e Ciclos Formativos.
- Transporte escolar
- Autos Dosil: itinerarios da vila de Noia e Serra de Outes-Freixo-Esteiro, en horarios de Ed. Infantil-Primaria e ESO-CF.
- Autos Outeiral: itinerarios de Boiro, Rianxo e Pobra do Caramiñal, en horarios de Ed. Infantil-Primaria e ESO-CF.
- Programa Madrugadores
- De luns a venres de 8:00 – 9:30 hrs. para Ed. Infantil e Primaria.
3. Calendario do proceso de admisión:
- Presentación de solicitudes de reserva (alumnado de 4º ESO que desexe continuar os seus estudos de Bacharelato no IES Campo de San Alberto): do 16 de xaneiro ao 06 de febreiro (ambos incluídos)
- Publicación de vacantes: 28 de febreiro.
- Renuncia á praza reservada noutro centro para presentar solicitude de admisión: ata o 29 de febreiro inclusive.
- Presentación de solicitudes de admisión presencialmente no noso centro: do 01 ao 20 de marzo (ambos incluídos).
- Presentación da documentación de baremación: do 21 de marzo ao 11 de abril (no caso de non haber suficientes prazas).
- Publicación da listaxe provisional de admitidos e non admitidos: 25 de abril.
- Prazo de reclamacións á listaxe provisional: do 26 de abril ao 03 de maio.
- Publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: 15 de maio.
- Prazo de matrícula Infantil e Primaria: do 20 de xuño ao 01 de xulio.
- Prazo de matrícula ESO: do 24 de xuño ao 08 de xullo.
4. Solicitude de admisión:
Existen dúas vías para presentar a solicitude de admisión:
- Preferentemente por vía electrónica, mediante Chave365 ou certificado electrónico (pódese descargar un pequeno manual do trámite aquí):
- Cubrir a solicitude na aplicación admisionalumnado, a través do menú Solicitudes – Admisión – Crear. Seguir os pasos que vai solicitando a aplicación. O proxenitor que teña o usuario de Chave365 ou o certificado electrónico débese poñer en primeiro lugar na lapela de «Datos persoais» da aplicación.
- Con esta solicitude deberanse subir escaneados á aplicación o anexo II-bis (que previamente se deberá imprimir, cubrir e asinar manualmente pola outra persoa proxenitora e os restantes membros computables da unidade familiar) e o resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas…).
- Presencialmente, no Centro de primeira opción, de dous xeitos:
- Descargar o impreso de admisión (clic aquí) ou solicitalo no Centro de primeira opción, cubrilo, asinalo e entregalo no Centro de primeira opción xunto coa documentación do punto 5; ou
- Cubrir a solicitude na aplicación admisionalumnado, a través do menú Solicitudes – Admisión – Crear. Unha vez cubertos todos os datos de todas as pestanas, débese imprimir, asinar e presentar no Centro de primeira opción xunto coa documentación do punto 5.
Na solicitude deben asinar ambos proxenitores con patria potestade (coa única excepción do agresor nos casos de violencia de xénero) e todos os membros computables da unidade familiar (polos menores de idade deberá constar a sinatura dun proxenitor ou titor legal).
En todo caso, terase en conta a situación persoal, a composición da unidade familiar e os criterios de admisión por referencia á data de inicio do prazo para presentar solicitudes de admisión, agás os datos económicos (renda e IPREM), que serán do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural da solicitude.
5. Documentación que debe acompañar á solicitude:
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar (só cando non se autorice a súa consulta).
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
- Certificación de matrícula do centro actual (só cando se proceda dun centro non galego).
- No caso de solicitar praza reservada para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo derivadas de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual, de trastornos graves de conduta ou por encontrarse en situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais económicos ou culturais: documentación acreditativa das devanditas situacións e circunstancias.
- No caso de separación ou divorcio: convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio onde conste a custodia do menor.
6. Criterios de admisión do alumnado e puntuación (Artigo 9 do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro e Artigos do 13 ao 24 da Orde do 21 de outubro de 2022 de admisións):
Nos centros docentes sostidos con fondos públicos onde non haxa postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes de reserva e/ou de admisión, para determinar a orde de prelación do alumnado, teranse en conta os seguintes criterios:
O momento e a forma de alegar e acreditar os criterios de admisión será o que se estableza mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de educación.
En caso de empate na puntuación total resolverase atendendo á maior puntuación obtida en cada un dos criterios de baremo referidos, seguindo a mesma orde dos criterios listados no punto 1 do artigo 9 do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, de admisións. De manterse o empate, resolverase por sorteo público na forma que estableza a administración competente.
7. Matrícula :
- Prazos de matrícula:
- Prazo de matrícula Infantil e Primaria: do 20 de xuño ao 01 de xullo.
- Prazo de matrícula ESO: do 24 de xuño ao 08 de xullo.
- Documentación a presentar xunto coa matrícula:
- DNI, NIE, pasaporte ou libro de familia do/a alumno/a.
- Certificación académica do centro actual.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Dúas fotos tamaño carnet.
- No caso de separación ou divorcio: convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio.
NOTA INFORMATIVA IMPORTANTE:
- Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
Logo de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse. - O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
- En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde de 21 de outubro de 2022 de admisións.
A solicitude de reserva, admisión ou escolarización extraordinaria deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade non emancipado. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexos I-bis, II-bis e III-bis).
Cando falte o consentimento expreso da outra persoa proxenitora para a escolarización, mentres non se produza a resolución xudicial nos termos previstos no artigo 156 do Código civil, manterase a situación de escolarización existente, se a houbese; no caso contrario, escolarizarase o menor, provisionalmente, tendo en conta a solicitude e o certificado de convivencia.
Nas situacións de violencia de xénero non é necesaria a sinatura do agresor.
A admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro.
O proceso de admisión poderá consultarse na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado):
- O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
- A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
- A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
- O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa
- A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).