Visita ao xeriátrico do grupo Alcor

Como todos os anos por estas datas, o grupo Alcor visitamos o xeriátrico para compartir tempo cos avós e felicitarlles o Nadal. Esta visita ofrece numerosas aprendizaxes para o alumnado como:
– Fomento da empatía: os nenos e nenas aprender a comprender e a valorar as emocións dos demais. Interactúan con personas maiores, o que lles axuda a desenvolver a empatía e a recorrer á importancia de coidar e respectar aos anciáns.
– A visita permite aos nenos e nenas coñecer sobre a historia e as experiencias de vida doutras persoas, isto ábrelles horizontes e axúdalles a apreciar a diversidade de experiencias humanas.
– Desenvolvemento de habilidades sociais como a escoita activa e fomento da gratitude.
– Por último, a visita non só beneficia aos nenos e nenas, senón que tamén trae alegría e compañía aos avós, xa que disfrutan moito coa interacción cos máis pequenos.