Vales de axudas de libros e material
Vales para libros e material: xa están dispoñibles na recepción do colexio os vales de libros (1º e 2º Primaria) e material (Primaria e ESO) das persoas que foron beneficiarias e indicaron na reserva interna que mercarán os libros e/ou o material fóra do colexio. Poderanse recoller na recepción do colexio durante o mes de xullo de 09:00 a 14:00, e posteriormente en setembro en horario de 08:30 a 18:00.
Para todas as familias que indicaron que mercan os libros e/ou material no colexio, os vales quedan na librería do colexio para ser canxeados en setembro.
Listaxes do fondo de libros: as listaxes definitivas do fondo de libros publícanse o vindeiro 26 de xullo na sede electrónica da Xunta de Galicia (aplicación fondolibros) para todos aqueles solicitantes que realizasen a solicitude electrónica. As familias que fixeron a presentación en papel poden consultalo poñéndose en contacto co centro durante o mes de xullo de 09:00 a 14:00 e en setembro de 08:30 a 18:00.