Un Nadal para dalo todo!
Chegou o tempo de Nadal, un tempo de amor e reflexión para compartir coas nosas familias e persoas máis achegadas. Como sabemos, este mes de decembro é un mes de festas, abrazos, amizade… un mes onde se esquecen os rencores e entra en xogo o perdón. Tamén é un mes de intercambio de agasaios… en definitiva, un mes de abundancia. Non obstante, para nós o máis importante e lembrar o nacemento de Xesús e todo o que supuxo para o mundo, pois os seus valores fannos sentir e percibir o mundo desde outra óptica, unha óptica máis solidaria.
Por iso, no podiamos deixar pasar esta oportunidade para embarcarnos na celebración do Belén Vivente. Profesores, alumnos e persoal do centro preparamos con moito mimo e ilusión unha gran representación que quixemos compartir con toda a Comunidade Educativa. Un ano máis, desexámosvos un feliz Nadal ao estilo de Xesús.