Samaín: cabazas e día do Susto
Un Samain terrorificamente divertido no noso colexio!
O noso centro encheuse de misterio e diversión para celebrar o Samaín. Grazas á gran colaboración das familias, contamos cunha espectacular exposición de cabazas elaborada polo alumnado de todas as etapas.
O punto forte da festa foi o noso “Día do Susto”, no que nenos, nenas e profesores viñeron disfrazados coas súas vestimentas máis arrepiantes. Ademais, todo o colexio luciu unha decoración terrorífica con teas de araña, pantasmas e murais para ambientar esta xornada tan especial.
Grazas a toda a comunidade educativa por participar e manter viva a nosa tradición!






