Proxecto Samaín en 4º ESO

Dende a materia de Lingua e Literatura Galega, os alumnos de 4º ESO traballaron no proxecto educativo «O Samaín en Galicia». Na primeira parte do proxecto investigaron sobre as orixes, duración, crenzas, celebracións e tradicións, e por que hoxe en día celebramos o «Halloween». A segunda consistiu en elaborar unha historia ficticia relacionada co Samaín, todo foi traballado sobre o formato de Instagram, rede coñecida por todos.