Premio á Innovación Pastoral Educativa 2024

Durante as xornadas de Pastoral celebradas o pasado sábado, recibimos o 3º premio do certame de Innovación Pastoral que cada ano organiza Escolas Católicas de Galicia. Cada ano, o noso colexio participa destas xornadas, onde se abordan temas de actualidade pastoral relacionados coa educación. Nesta ocasión, tocounos ser un dos colexios premiados polo noso labor a prol da ecoloxía integral. Ademais, puidemos desfrutar e compartir a nosas experiencias educativas con outros colexios que, coma nós, adícanse a facer do mundo un lugar un pouquiño mellor. A continuación, compartimos a ligazón onde atoparedes o noso proxecto completo. Seguimos camiñando con sentido!

escolascatolicas.es/pastoral/premio-a-innovacion-e-experimentacion-pastoral