Os que non poden faltar: o peón e o Magosto

Xa pasamos o Magosto e o San Martiño, festas que nos gustan moito e das que desfrutamos todos xuntos, alumnado, profesorado e PAS.
Un ano máis, veu o señor Serafín para darnos quentes e deliciosas castañas. Despois de degustalas xogamos cos xogos tradicionais que tanto nos fan lembrar aqueles tempos en que os nosos antepasados non tiñan as novas tecnoloxías coma nós para xogar.
Aínda que a choiva nos estivo acompañando en todas estas festas non restou nada do noso entusiasmo e as gañas de pasalo ben todos xuntos.
Moitas grazas a todos os avós e avoas que viñeron sen ter medo a mollarse para acompañarnos e guiarnos a tirar o peón.