Noia, lugar de encantos

As nenas e nenos de 3º de Primaria camiñamos ata o corazón de Noia para visitar e descubrir aspectos moi importantes dalgúns dos edificios e lugares máis emblemáticos da Vila. Tamén puidemos visitar o Museo do Mar onde seguimos descubrindo parte da historia e tradición da localidade. Foi unha xornada moi agradable con parte de viaxe no tempo. Damos as grazas ao personal do Concello de Noia e do Museo do Mar pola súa amabilidade e atención.