¡Mil albricias!
Na celebración da Inmaculada xuntámonos para lembrar a dúas mulleres valentes e xenerosas, como son a Nai Cándida, patroa de todos os colexios da Fundación Educativa Jesuitinas, e María Inmaculada. Dúas mulleres que, coas súas vidas, ensínannos valores como a entrega, a xustiza, a esperanza e a alegría. Alegría como a que a Nai Cándida quería que houbera nos seus colexios e que tentamos transmitir neste día tan especial para nós.
Grazas á súa capacidade de amar, á súa entrega e xenerosidade, e a que fixo seu o noso lema «contigo son», hoxe todos nós e moita máis xente formamos parte desta grande familia das Fillas de Xesús, que se extende por todo o mundo.
E como queriamos seguir a xornada coa mesma alegría, quedamos nas mans do Grupo ALCOR que organizou a súa tradicional chocolatada da que puidemos gozar toda a Comunidade Educativa.