Inmersión Lingüística a Rouen (Francia)
As inmersións lingüísticas buscan ensinar un idioma dunha maneira integral e permiten aos estudantes aprender e practicar unha lingua estranxeira de maneira natural. A través da inmersión, os alumnos adquiren habilidades lingüísticas, unha maior comprensión cultural e capacidade para comunicarse en situacións cotiás.
No curso 2024-2025, os alumnos de 2ºESO e 3ºESO tiveron a oportunidade de vivir esta experiencia en Rouen, na rexión francesa de Normandía.
Pasaron 7 días aloxados na casa de familias francesas e asistiron polas mañás a clases de lingua francesa cos profesores da escola French in Normandy.
Polas tardes puideron coñecer a cidade de Rouen (a súa fermosa catedral e os seus barrios históricos), descubrir a vida de Juana de Arco, e admirar as obras de artistas coma Monet ou Renoir no Museo de Belas Artes. O último día pasárono en París, paseando pola capital e sacando fotos no Arc de Triomphe, a Tour Eiffel, o Museo do Louvre, a catedral de Notre Dame, no barrio latino e na praza de Saint-Michel.
Todos eles recibiron un diploma da escola francesa que recoñece a súa participación nesa semana de inmersión. Bravo à tous !!
