Graduación 4º ESO 2026
O pasado día 12 de Xuño celebramos no noso centro a emotiva graduación do alumnado de 4º da ESO, un acto moi especial co que despedimos unha etapa importante da súa vida académica e persoal.
A cerimonia contou coa participación de alumnos e alumnas, profesorado, titores e familias. Durante o acto tiveron lugar diferentes intervencións nas que se compartiron recordos, experiencias e palabras de agradecemento. O alumnado tomou a palabra para expresar o seu recoñecemento aos compañeiros, docentes e familias polo apoio recibido ao longo destes anos. Tamén os titores, varios profesores e a directora do centro dedicaron unhas cariñosas palabras aos graduados, felicitándoos polo camiño percorrido e animándoos a afrontar con ilusión os novos retos que lles esperan.
Un dos momentos máis emotivos foi a entrega de agasallos e recoñecementos ao alumnado, como recordo desta etapa tan significativa. Así mesmo, algúns profesores recibiron tamén un detalle en agradecemento pola súa dedicación, compromiso e acompañamento durante estes anos.
Para rematar a celebración, todos os asistentes puideron compartir un agradable momento de convivencia arredor dunha degustación de pinchos, que permitiu intercambiar impresións, recordar anécdotas e celebrar xuntos os éxitos acadados.
Desde o centro queremos felicitar a todo o alumnado de 4º da ESO pola súa graduación e desexarlle moita sorte e éxito no seu futuro académico e persoal. Sempre formarán parte da nosa comunidade educativa!!








