Festa da Pañoleta
Este curso o grupo Alcor compartimos o noso tempo coidando o medioambiente, acompañando aos maiores da residencia, plantando flores no colexio e limpando a praia de Testal coa Asociación Misela. Crecemos e aprendemos todos xuntos. Estas actividades axúdannos a:
– Coidar, respectar e disfrutar da natureza.
– Desenvolver a empatía e o cariño cara aos demais.
– Sentirnos parte dun grupo.
Por eso, cada símbolo que recibiron na nosa tradicional Festa da Pañoleta representa o tempo e o cariño que puxeron nas reunións, e anímanos a seguir coidando a nosa contorna e apoiarnos uns aos outros.
Grazas por darlle continuidade a este fermoso proxecto!
