A maxia do Nadal está en estar xuntos

Nesta época tan especial, queremos compartir convosco esta historia chea de emoción, amizade e o verdadeiro significado do Nadal. Na nosa escola, cremos que o máis importante non son os adornos ou os agasallos, senón o cariño, a xenerosidade e a unión que construímos día a día. Grazas por formar parte desta gran familia.

Que estas festas traian paz, ledicia e momentos únicos aos vosos fogares. De parte de toda a nosa comunidade educativa: Feliz Nadal e Próspero 2025! Non perdades este vídeo que preparamos con todo o noso cariño.