Queremos acompañarvos na educación dos vosos fillos e fillas, e velos crecer felices de maneira integral, tanto no académico como no persoal.
A nosa oferta educativa abarca desde infantil a ciclos formativos, tendo concerto coas administracións educativas para todos os niveis. Ser un colexio concertado posibilita que sexamos unha escola aberta, que ofrece unha educación de calidade en Noia para todos.
Dende a cercanía, sinxeleza e familiaridade que nos caracteriza, en cada etapa educativa ofrecemos un proxecto adaptado ás características evolutivas de cada idade, co emprego das metodoloxías que lles axudarán a medrar como persoas autónomas, creativas e comprometidas.