ENTROIDO 2026: OS NOSOS XOGOS OLÍMPICOS 🎭🏅
Este ano o noso Entroido transformouse nun auténtico estadio olímpico!
A temática elixida foi DEPORTES, e decidimos facer a nosa propia versión dos Xogos Olímpicos, nos que cada curso representou unha disciplina diferente. Ademais, quixemos aproveitar a ocasión para lembrar que o mundo está cheo de deportes marabillosos máis alá do fútbol, descubrindo novas paixóns e poñendo en valor o esforzo, o compañeirismo e a superación.
Dende Infantil ata Secundaria, o escenario encheuse de ritmo, cor e moita enerxía. Vimos desfilar e bailar a:
- 🏋️♂️ Xinetes e amazoas de Hípica
- 🏉 Xogadores e xogadoras de Rugby
- 🏊♀️ Equipos de Natación sincronizada
- 🎾 Estrelas do Tenis
- ⛷️ Intrépidos esquiadores
- 🥋 Guerreiros e guerreiras de Taekwondo
- 🏀 Equipos de Baloncesto
- 🚴♂️ O gran pelotón de Ciclismo
- 🏎️ Pilotos de Fórmula 1
- 🏍️ Pilotos de Moto GP
- 🥊 Campións e campioas de Boxeo
- 🛹 Skaters cheos de estilo
Cada curso preparou con ilusión o seu vestiario, a súa música e a súa coreografía, convertendo o festival nun espectáculo cheo de creatividade e diversión.
Foi unha xornada inesquecible na que, ademais de celebrar o Entroido, puxemos en práctica valores fundamentais do deporte: o respecto, o traballo en equipo, o esforzo e, sobre todo, as ganas de pasalo ben xuntos.
Aquí podedes ver unha selección das imaxes deste día tan especial.
📸✨ Agardamos que as disfrutedes tanto como nós disfrutamos preparádoo

