Día Mundial do Teatro
No teatro, cada un de nós pode ser un personaxe fantástico, un villano, meiga… É un espazo onde a imaxinaxión non ten límites e onde aprendemos a camiñar nos zapatos doutros, comprendendo as súas ledicias e tristezas.
O día 27 de marzo conmemoramos o Día Mundial do Teatro, celebramos a creatividade, a expresión e a empatía que o teatro nos amosa. Que as obras que vexamos e as historias que creemos nos inspiren a ser mellores amigos, estudantes e mellores persoas.
En educación primaria os nenos e nenas estiveron traballando moito sobre o teatro e fixeron entre outras esta fermosa e sobre todo divertida obra!